XOVE .- Trece rapaces e rapazas visitaron a Casa do Muiño na parroquia de A Rigueira, no Concello de Xove, donde coñeceron todo o proceso de elaboración do pan. Puideron participar nunha pequena malla tradicional, coñecer o funcionamento dos muiños de auga, facer eles mesmos a masa do pan e ver como se forneaba antiguamente. Ao final da tarde degustaron unha merenda elaborada por eles mesmos.
NOTA DE PRENSA.-
NOVA ACTIVIDADE DENTRO DO PROGRAMA “ENCONTROS”
Onte mércores, día 12 de agosto, tivo lugar a terceira actividade do Programa “Encontros” do Concello de Xove.
Este Programa está organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Este proxecto ten un doble obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
Nesta ocasión, trece rapaces e rapazas visitaron a Casa do Muiño na parroquia de A Rigueira, donde coñeceron todo o proceso de elaboración do pan. Puideron participar nunha pequena malla tradicional, coñecer o funcionamento dos muiños de auga, facer eles mesmos a masa do pan e ver como se forneaba antiguamente. Ao final da tarde degustaron unha merenda elaborada por eles mesmos.