Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 4, 5 e 6 de agosto Noites Alternativas en San Cibrao

CERVO .- A Concellaría de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe a edil Yolanda Pedreira, puxo en marcha o programa “Verán Deportivo 2009” que inclúe a celebración de diversos TORNEOS ademais das competicións propias das NOITES ALTERNATIVAS que se están a desenvolver os martes, mércores e xoves, segundo a programación dispoñible na páxina web.
A partir das 22.00 horas dos días 28, 29 e 30 de xullo terá lugar a competición de BALONCESTO SALA 3×3 para as categorías sub 12/15/17.
Os interesados poden inscribirse no lugar da actividade xusto antes do inicio dos partidos.
Con NOITES ALTERNATIVAS o Concello de Cervo promove a práctica do deporte como actividade de lecer alternativa ás propias das noites de verán e, de xeito especial, ao excesivo consumo do alcol no que incorren moitos mozos e mozas nestas épocas vacacionais.
Todas as actividades están coordinadas por persoal experto e altamente cualificado adscrito á mesma empresa que desenvolve as Escolas Deportivas Municipais (IG 10 Sports S.L.)

Exit mobile version