RIBADEO .- O delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito co éxito do cursiño de astronomía celebrado ao longo desta semana na Casa da Ría e que remata sábado, no parque de San Franciso cunha observación pública ás 22.00 horas da noite.
Horacio Cupeiro explicou que “hoxe venres poñemos fin ao curso de astronomía aínda que mañá sábado contra ás 22.00 horas da noite faremos unha observación pública no parque de San Franciso a través dun telescopio do observatorio Ramón María Aller. Este curso dende o meu punto de vista tivo éxito tanto en asistencia como nos temas tratados e as observacións tanto de Júpiter coma das nebulosas ou diversas constelacións causaron excelentes sensacións”.
O edil nacionalista desexa que “os asistentes ao cursiño saíran contentos tanto da calidade dos ponentes como do resultado do cursiño e esperamos que o vindeiro ano poidamos facelo incluso algo máis extenso, que poidamos pensar tamén nos cativos e que se poidan experimentar novas inquedanzas”. Cupeiro engadiu que “dende o Concello damos as grazas a Aquagest por financiar na súa gran parte o custo económico do cursiño e tamén aos asistentes polo esforzo que supón en pleno verán desplazarse a Santa Cruz en horario partido a realizalo”.
Nota de Prensa
O Ceo de Ribadeo.
Durante esta semana organizouse un curso de iniciación á Astronomía chamado “O Ceo de Ribadeo”. Foi froito dun cordo entre o Concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Observatorio Astronomico Ramón María Aller (OARMA). Dito evento
celebrouse na Casa da Ría, en Santa Cruz, onde se atopa instalado un telescopio. O curso foi impartido por dous membros do OARMA.
Na inauguracion do mesmo, estiveron presentes o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o Concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, así como o director do curso e do OARMA, o profesor Jose Ángel Docobo, quen casualmente no seu día fora o primeiro conferenciante na Casa da Ría ala polo ano 2001.
A comenzos de agosto, o OARMA xa dera en Ribadeo outro cursiño sobre reloxos de sol, o fio da instalacion que existe preto do cargadoiro.
Este curso tivo un dobre obxectivo. Por unha banda tratábase de retomar as actividades astronómicas na Casa da Ría, despois das reparacións levadas a cabo tanto na cúpula como no edificio principal. Por outra banda este curso enmárcase dentro das actividades de conmemoración do Ano Internacional da Astronomía que se celebra este ano 2009.
O curso consistiu en cinco sesións teóricas de hora e media de duración, acompañadas de observacións astronómicas tanto telescópicas como a simple vista.
Nas sesións teóricas fixemos un percorrido polos obxectos máis salientables que podemos atopar no ceo, as súas características principias e os resultados das investigacións máis recentes sobre os mesmos, ademais dalgúns fenómenos astronómicos de interese.
Na primeira sesión se falou da esfera celeste e as coordeadas astronómicas, un tema necesario para saber orientarse no ceo e poder facer observacións por un mesmo. Ó final se levou á práctica con un pequeño obradoiro sobre o uso do planisferio, ferramenta moi útil que permite identificar as constelacións no ceo entre outras cousas.
Na segunda sesión nos adentramos no Sistema Solar, describindo os seus corpos máis importantes: a nosa estrela, o Sol, e os planetas que xiran o seu redor, incluida a Terra, ademáis dos seus satélites.
O terceiro día seguimos no Sistema Solar, esta vez falando dos astros máis descoñecidos, os corpos menores: planetas ananos, asteroides, cometas, e os transneptunianos, obxectos situados máis aló da órbita de Neptuno e que aínda estamos comezando a coñecer. Tamén vimos os fenómenos astronómicos máis salientables que podemos observar, como poden ser as chuvias de estrelas, as eclipses, os tránsitos, as ocultacións e as auroras polares.
Continuamos na seguinte charla coas estrelas, falando das súas características, por que emiten luz e que tipos hai, ademais do seu nacemento, evolución e morte. Tratáronse tamén as estrelas dobres, importante campo dentro da Astronomía pois estas constitúen a meirande parte das estrelas da nosa galaxia, e do seu estudio poden extraerse datos físicos imprescindibles, como a masa. Seguimos coas estrelas variables, os planetas extrasolares e fenómenos como as novas e supernovas.
Na última sesión se fixo unha exposición sobre a Vía Láctea, a nosa galaxia, e os obxectos que podemos atopar nela, como cúmulos estelares e nebulosas. Falamos tamén das demais galaxias, coa súa clasificación dada por Hubble e algúns aspectos de cosmoloxía.
Nas sesións de observación puidemos contemplar tanto as constelacións a simple vista como os obxectos máis interesantes destas datas. Así, observamos a Lúa, o noso satélite natural, que pola súa proximidade ofrece unhas vistas espectaculares; Xúpiter, un dos xigantes gaseosos e o maior planeta do Sistema Solar; Albireo, quizáis a estrela dobre máis fermosa que podemos ver no hemisferio norte, na constelación do Cisne; e diversos cúmulos e nebulosas.
Para as observacións utilizamos planisferios para ver as constelacións e dous telescopios para que as observacións fosen máis áxiles, o que se atopa na cúpula da Casa da Ría e un portátil que trouxemos do Observatorio.
Como actividade complementaria ó curso, faremos unha observación pública este sábado día
29 ás 22:00 no parque de San Francisco, á que vos invitamos a asistir e na que poderedes observar algún dos obxectos que vimos no curso.