Site icon Crónica3.com A Mariña

O armador Lino Quelle e o xornalista Javier Rodríguez Lombardero falan da pesca do bonito en San Cibrao

SAN CIBRAO .- O xornalista Javier Rodríguez Lombardero e o armador Lino Quelle falarán da pesca do bonito en San Cibrao durante unha charla coloquio que organiza a asociación “Mar de San Ciprián”. Será na Casa da Cultura o venres a partir das oito da tarde.

Nota de Prensa

‘Mar de San Ciprián’ organiza unha charla-coloquio sobre a pesca do bonito

* O xornalista Javier Rodríguez Lombardero e o armador Lino Quelle serán os conferenciantes

San Ciprián, 12 de agosto de 2009.- A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o vindeiro venres, 14 de agosto, a partires das oito da tarde unha charla coloquio sobre a pesca do bonito na que intervirán:

* Javier Rodríguez Lombardero, xornalista do diario La Voz de Galicia, autor de varias reportaxes sobre esta pesquería.
* Lino Quelle, mariñeiro e armador adicado á pesca do bonito.

Esta actividade está organizada pola asociación cultural “Mar de San Ciprián” e quere servir de complemento á mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” organizada por este mesmo colectivo e que estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de agosto na casa da cultura desta vila.

A exposición “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” pretende dar a coñecer as técnicas de pesca e a vida a bordo da flota boniteira do cantábrico galego. A través de paneis informativos, documentos, fotografías, aparellos, etc… o visitante terá a oportunidade de introducirse nas condicións e técnicas tradicionais de traballo empregadas na pesquería do bonito, as cales  seguen hoxe en día vixentes. Entre as pezas amosadas na exposición destaca unha vara de 15 metros empregada para a pesca do bonito.

O objectivo dos organizadores é tratar de que se recoñeza o o traballo dos mariñeiros e manter viva a tradición da pesca artesanal e respectuosa co medio ambiente.

Exit mobile version