Os ciclistas participantes serán corredores das categorías principiantes, alevíns e infantís (ata 14 anos). Os máis pequenos disputarán unha proba de destreza, unha jimkana, nun dos patios do colexio público.
Nesta proba, na que colaboran o Concello de Ribadeo, a Policía Local e diferentes empresas da localidade, agárdase a participación dun amplo número de xóvenes ciclistas das provincias de Lugo e A Coruña e tamén de Asturias.