Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado celebrase en Burela a tradicional “Carreira popular” da praza do Concello a praia de Marosa

BURELA (FNC) .-  Burela acollerá unha nova edición da Carreira Popular o próximo sábado día 8 de agosto. Partirá ás 11.30 horas da mañá da Praza do Concello e rematará na praia da Marosa. Haberá dúas categorías participantes, menores de 15 anos e maiores desta idade e cada unha terá un recorrido diferente. Os premios entregaranse aos primeiros, segundos e terceiros clasificados, así como ao participante máis pequeno e ao máis veterano.

A concelleira de Deportes, Neves Cando, explicou que “este sábado a partires das 11.30 da mañá terá lugar unha nova edición da Carreira Popular que percorrerá as rúas de Burela e concluirá na praia da Marosa. Como o ano pasado establecemos dúas categorías, menores de 15 anos e maiores desta idade. Os máis pequenos farán un percorrido máis curto, saíndo da Praza do Concello e marchando xa directamente cara o paseo marítimo para chegar á praia da Marosa. Para os maiores, o recorrido será máis longo, saíndo como dicía antes ás 11.30 da praza do Concello, irase cara O Campón, o Camiño Real, rumbo a Vila do Medio para desembocar na Avenida da Mariña e coller despois cara a praia da Marosa polo paseo marítimo”.

A edil nacionalista sinalou que “haberá premios para o corredor máis novo e para o máis veterano así como para os primeiros, segundos e terceiros clasificados. Convido a veciños e visitantes de Burela a participar desta carreira e disfrutar do deporte e da paisaxe da nosa vila dunha maneira lúdica, sana e físicamente bastante levadeira”.

Exit mobile version