Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide que o alcalde de Cervo se desculpe pola ocultación da placa inaugural da piscina municipal

NOTA DE PRENSA:

O concello de Cervo repón a placa inaugural da piscina municipal ante un novo requerimento do Valedor

Os socialistas pedirémoslle ao Alcalde unha desculpa pública polos feitos

O Grupo Municipal Socialista de Cervo quere expresar a súa satisfacción pola reposición da placa inaugural da piscina municipal que levamos reclamando ao Concello de Cervo dende fai xa demasiado tempo.

Un concelleiro do PsdeG-PSOE de Cervo verificou onte que a placa estaba colgada na entrada da piscina, despois de acudir ao rexistro municipal e ver a contestación do Alcalde a un novo requirimento do Valedor, onde anunciaba a súa colocación.

O comportamento do concello de Cervo foi dende o principio de obstrución á colocación da placa a pesar das numerosas instancias presentadas polo Grupo Municipal Socialista, o que fixo que finalmente tomaramos a decisión de recorrer á figura do Valedor do Pobo.

Dende a Institución autonómica, que iniciou o expediente no mes de Abril deste ano, e a vista de que o alcalde argumentaba que non atopaba a placa, demandouse ao Concello de Cervo que fixera unha investigación para determinar o seu destino, e no caso de non atopala proceder á construción dunha nova con semellantes características. O Valedor concedeulle ao concello de Cervo un prazo dun mes para que comunicara as medidas adoptadas e as xustificacións oportunas. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares xustificou entonces a “desaparición” botando a culpa da mesma aos concelleiros socialistas.

Hai que recordar que Alfonso Villares minteu cando contestou ao Valedor que non atopaba á placa, posto que ese mesmo día, os concelleiros socialistas verificaron que aínda se atopa alí.

Irresponsabilidade

Os socialistas entendemos que a actuación do alcalde neste e outros asuntos, denota unha clara irreponsabilidade e unha forma de actuar indigna dun mandatario da administración local, mais ocupado en burlar o respecto Institucional que en preocuparse polas necesidades dos veciños de Cervo.

Patrimonio que aparece e desaparece

O alcalde de Cervo, tamén debería de explicar coma é posible que o patrimonio municipal, “desapareza” e apareza da noite á mañá e á vista dos acontecementos preguntámonos que medidas está tomando ante estas misteriosas “desapariciones”.

Exit mobile version