Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo que “habilitará unha liña de transporte” para a “Romaría Popular” de Silleda

Nota de Prensa

A festa mitín dos populares galegos terá lugar o sábado 26 de setembro, no recinto feiral desta localidade pontevedresa.

O PP HABILITARÁ UNHA LIÑA DE TRANSPORTE PARA OS INTERESADOS EN ACUDIR Á ROMARÍA POPULAR DE SILLEDA

•    Os interesados terán que apuntarse nos teléfonos da organización 686.64.11.58, 600.602.911e 615. 519.298.

Cervo, 26 de agosto de 2009.- O Partido Popular de Cervo habilitará unha liña de transporte por autocar para aqueles afiliados, simpatizantes e veciños do concello que teñan interese en participar na Romaría que esta formación política ten previsto realizar o sábado 26 de setembro na localidade de Silleda. Os interesados poden apuntarse chamando aos teléfonos dos coordinadores da actividade 686.64.11.58 e 600.602.911 ou 615 519 298.

O Partido Popular de Galicia organizou un variado conxunto de actividades no recinto feiral de Silleda, que previsibalmente comezarán desde primeira hora da mañá con distintas actuacións e concertos, seguidos das intervencións de destacados dirixentes desta formación política, entre eles, o do lider dos populares galegos e Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Fiejóo. Tamén está previsto un xantar que non superará os 20 euros de custe e o desfile de formacións musicais tradicionais, gaiteiros, … etc que amenizarán a festa dos populares galegos.

Exit mobile version