Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela “mostra a súa preocupación polo estado do edicifico do cuartel da Garda Civil”

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O GMPP pide unha reforma integral do Cuartel da Guardia Civil.

Luis Miguel Pedre considera que o estado do edificio presenta carencias notables.

Os populares xa fixeron esta solicitude en ocasións anteriores con resultados negativos.

O GMPP de Burela presentou o pasado venres unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro mércores, día dous, na que mostra a súa preocupación polo estado do edicifico do Cuartel da Guardia Civil.

O concelleiro popular, Luis Miguel Pedre, lembra que as instalacións do Cuartel da Garda Civil de Burela contan xa con dúas décadas de existencia. Albergan a sede da compañía do Corpo e o Subsector de Tráfico, xunto con outros servicios, ademais de servir como fogar de varias familias. A edificación presenta múltiples carencias que van aumentando co paso dos anos a pesares de facerse pequenas obras de mantemento que en ningún momento chegan a paliar os defectos existentes que, ademais, se van acentuando.

Estas carencias e deficiencias afectan, en todo caso negativamente, en primeiro lugar ós propios profesionais da Garda Civil, que non poden realizar o seu traballo cunhas mínimas garantías de comodidade; en segundo lugar, ás familias que alí viven, veciños e veciñas deste concello e polo que temos a obriga de velar polos seus intereses; e en terceiro lugar, ós usuarios, tamén veciños e veciñas do noso concello, e tamén de outros, que teñen o dereito, xunto cos afectados antes citados, a disfrutar dunhas instalacións dignas e acordes cos impostos que todos os cidadáns pagamos ó Estado.

Luis Pedre lembra que o PP xa puxo de manifesto en reiteradas ocasións a súa preocupación pola situación do edificio do Cuartel da Garda Civil, pero con nulos resultados. Consideramos que agora é o momento de que a Corporación de Burela se manifeste, xa que os presupostos do Estado para 2010 están en fase de elaboración.

Por eso, Luis Miguel Pedre indica que o PP solicitará  que o Pleno burelés adopte un acordo no sentido de solicitar a inclusión, dentro dos presupostos xerais de Estado para 2010, de partidas orzamentarias suficientes para a adecuación e reforma integral do Cuartel da Guardia Civil de Burela.

Os populares consideran que o Estado tén o deber constitucional de velar pola seguridade dos cidadáns, e que as forzas de seguridade do Estado deben contar cos suficientes recursos para poder desenvolver o seu labor, e que eses recursos se atopen en bon estado; os populares entenden que os cuarteis da Guardia Civil, nomeadamente o de Burela neste caso, forman parte deses recursos, e que neste caso o seu estado non invita ó optimismo.

Exit mobile version