Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela aseguran que a vixiancia e a seguridade portuarias mellorarán nos próximos meses

NOTA DE PRENSA

O GMPP valora como “mui positiva” a visita da Conselleira do Mar.

Afirma que o sector sabe que “agora hai unha interlocutora fiable”.

Os populares aseguran que a vixiancia e a seguridade portuarias millorarán nos próximos meses .

O GMPP de Burela valorou hoxe “mui positivamente” a visita que a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia fixo ás instalacións de ABSA e da Confraría, porque demostran o compromiso da Xunta de Galicia e do Partido Popular co sector pesqueiro, e mais concretamente co porto de Burela, e porque o propio sector sabe e recoñece que “agora hai unha interlocutora, a propia Conselleira, que coñece os problemas, que busca solucións e que fala e dialoga co sector”.

Para os populares, a visita de Rosa Quintana, a segunda que fai a Burela en catro meses, vai significar a posta en marcha de solucións a problemas que estaban aí, problemas que foron trasladados polo propio sector á conselleira.

Así, por exemplo, se vai millorar substancialmente a vixiancia e a seguridade do recinto portuario coa instalación, entre outros elementos, de cámaras de videovixiancia, ou se estudiará a reducción do canon que a confraría abona pola nave de redes, instalación que foi xestionada durante o mandato do PP no Concello de Burela, e tamén das restantes taxas portuarias.

Os populares de Burela lembran que durante o goberno do bipartito non se fixo ningunha campaña de promoción do bonito, sendo a de 2005 a última porque xa quedara programada pola Xunta presidida por Fraga. Tiveron que pasar catro anos para, coa chegada de novo do PP á Xunta, realizar outra campaña de promoción do bonito, algo que estaba sendo solicitado polo propio sector.

Por outra banda, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, considera vixente e valora mui positivamente o Plano Director do Porto de Burela, elaborado conxuntamente co sector, e coa participación do Concello, no último ano de mandato da Xunta presidida por Manuel Fraga e co PP gobernando tamén o concello de Burela. Nese documento están planificadas as distintas actuacións en materia de dotacións e en materia de infraestructuras a levar a cabo no recinto portuario e todas elas se van cumplindo en función das capacidades presupostarias.

Exit mobile version