Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio de A Mariña pola Igualdade contrario a segregación por sexos nas aulas

Actividade dun taller de eliminación de estereoripos sexistas organizado polo Observatorio

A MARIÑA .- O Observatorio de A Mariña pola Igualdade está en contra da segregación por sexos nas aulas, opción que non considera unha alternativa pedagóxica. O Observatorio de A Mariña pola Igualdade asegura que ” é totalmente inadmisíbel que sigan a existir na nosa sociedade e no noso País centros educativos que amparándose nunha suposta corrente pedagóxica lexitimen e fundamenten os beneficios e vantaxes dunha educación que alimenta a mensaxe da existencia clara de diferencias  entre mulleres e homes tanto no seu proceso evolutivo como na súa propia estrútura orgánica”

Nota de Prensa

Segregación por sexos nas aulas, unha alternativa pedagóxica?

Un axente que ten especial importancia e que consideramos vital para a construción das nosas identidades de xénero son os centros educativos nos cales os nenos e nenas pasan a meirande parte das súas vidas “formándose” e preparándose para a súa futura vida adulta como mulleres e homes xa formados .

Partindo desta base, consideramos que é totalmente inadmisíbel que sigan a existir na nosa sociedade e no noso País centros educativos que amparándose nunha suposta corrente pedagóxica lexitimen e fundamenten os beneficios e vantaxes dunha educación que alimenta a mensaxe da existencia clara de diferencias  entre mulleres e homes tanto no seu proceso evolutivo como na súa propia estrútura orgánica.

Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade posicionámonos en contra da educación  diferenciada, como o modelo máis óptimo para garantir unha socialización máis favorable para homes e  mulleres. A educación diferenciada por sexo non ten base en argumentacións pedagóxicas, senón  que está ligada a determinadas ideoloxías. Non existe ningún estudo riguroso nin obxetivo, que xustifique ventaxa educativa algunha de separar nenos e nenas nas aulas, xa que  a diferenza existe entre individuos, non entre xéneros, e  ésta é enriquecedora . Nos paises do Norte de Europa, o debate sobre os modelos educativos diferenciado e mixto produciuse hai tempo.Durante os anos 70 e 80, prácticamente todos os estudos sobre o tema das diferencias de xénero insistían en que as diferencias de sexo son pequenas,  que existe un alto grao de solapamento na distribución das características propias de cada sexo; que a variabilidade é moi alta dentro de cada sexo; e que as diferencias varían en función do contexto social, histórico, cultural e familiar.

A segregación por xénero na escola consolida os roles tradicionais que separan a homes e mulleres. Si se sigue permitindo a segregación por sexo, dentro dunha década  poden utilizarse os mesmos argumentos para separar por etnias ou coeficientes intelectuais.

Respecto á liberdade de elección dos pais e das nais, tema lícito, temos que  decir que as inclinacións e preferencias dunha parte mínima da sociedade non pode pasar por enriba de principios básicos como son a non discriminació no aceso aos centros, nin por nacemento, raza, sexo ou relixióno, e o  tema deberá abordarse igual que en calquer outro servizo público.A Educación, a Sanidade, e tantos outros servizos, prestánse nunhas condicións determinadas de igualdade e non discriminación polo Sector Público. O que prefira  non aguantar listas de agarda na Sanidade Pública, ou goste mais dun colexio porque separa a nenos e nenas que escolla o  privado que máis lle interese, pero non a costa do diñeiro de toda a cidadanía.

Dende o Observatorio lanzamos unha mensaxe de rexeitamento ante este tipo de centros e tamén unha mensaxe de indignación ante o mantemento de subvencións dende as Administracións a estes centros que o único que fan é crear espazos elitistas e non inclusivos mantendo a mensaxe da existencia dunha masculinidade e dunha feminidade que precisa dunha atención específica e diferente para cada cal.

Debemos crear nenos e nenas libres  e sobre todo crear nenos e nenas que valoren as diferenzas sexan do tipo que sexan, debemos crear nunha palabra escolas nos que a educación mixta non sexa a mellor a opción se non nas que a coeducación sexa o ideario que impregne a totalidade do centro e das partes co compoñen

Exit mobile version