A MARIÑA .- O Observatorio de A Mariña pola Igualdade está en contra da segregación por sexos nas aulas, opción que non considera unha alternativa pedagóxica. O Observatorio de A Mariña pola Igualdade asegura que ” é totalmente inadmisíbel que sigan a existir na nosa sociedade e no noso País centros educativos que amparándose nunha suposta corrente pedagóxica lexitimen e fundamenten os beneficios e vantaxes dunha educación que alimenta a mensaxe da existencia clara de diferencias entre mulleres e homes tanto no seu proceso evolutivo como na súa propia estrútura orgánica”
Nota de Prensa
Segregación por sexos nas aulas, unha alternativa pedagóxica?
Un axente que ten especial importancia e que consideramos vital para a construción das nosas identidades de xénero son os centros educativos nos cales os nenos e nenas pasan a meirande parte das súas vidas “formándose” e preparándose para a súa futura vida adulta como mulleres e homes xa formados .
Partindo desta base, consideramos que é totalmente inadmisíbel que sigan a existir na nosa sociedade e no noso País centros educativos que amparándose nunha suposta corrente pedagóxica lexitimen e fundamenten os beneficios e vantaxes dunha educación que alimenta a mensaxe da existencia clara de diferencias entre mulleres e homes tanto no seu proceso evolutivo como na súa propia estrútura orgánica.
Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade posicionámonos en contra da educación diferenciada, como o modelo máis óptimo para garantir unha socialización máis favorable para homes e mulleres. A educación diferenciada por sexo non ten base en argumentacións pedagóxicas, senón que está ligada a determinadas ideoloxías. Non existe ningún estudo riguroso nin obxetivo, que xustifique ventaxa educativa algunha de separar nenos e nenas nas aulas, xa que a diferenza existe entre individuos, non entre xéneros, e ésta é enriquecedora . Nos paises do Norte de Europa, o debate sobre os modelos educativos diferenciado e mixto produciuse hai tempo.Durante os anos 70 e 80, prácticamente todos os estudos sobre o tema das diferencias de xénero insistían en que as diferencias de sexo son pequenas, que existe un alto grao de solapamento na distribución das características propias de cada sexo; que a variabilidade é moi alta dentro de cada sexo; e que as diferencias varían en función do contexto social, histórico, cultural e familiar.
A segregación por xénero na escola consolida os roles tradicionais que separan a homes e mulleres. Si se sigue permitindo a segregación por sexo, dentro dunha década poden utilizarse os mesmos argumentos para separar por etnias ou coeficientes intelectuais.
Respecto á liberdade de elección dos pais e das nais, tema lícito, temos que decir que as inclinacións e preferencias dunha parte mínima da sociedade non pode pasar por enriba de principios básicos como son a non discriminació no aceso aos centros, nin por nacemento, raza, sexo ou relixióno, e o tema deberá abordarse igual que en calquer outro servizo público.A Educación, a Sanidade, e tantos outros servizos, prestánse nunhas condicións determinadas de igualdade e non discriminación polo Sector Público. O que prefira non aguantar listas de agarda na Sanidade Pública, ou goste mais dun colexio porque separa a nenos e nenas que escolla o privado que máis lle interese, pero non a costa do diñeiro de toda a cidadanía.
Dende o Observatorio lanzamos unha mensaxe de rexeitamento ante este tipo de centros e tamén unha mensaxe de indignación ante o mantemento de subvencións dende as Administracións a estes centros que o único que fan é crear espazos elitistas e non inclusivos mantendo a mensaxe da existencia dunha masculinidade e dunha feminidade que precisa dunha atención específica e diferente para cada cal.
Debemos crear nenos e nenas libres e sobre todo crear nenos e nenas que valoren as diferenzas sexan do tipo que sexan, debemos crear nunha palabra escolas nos que a educación mixta non sexa a mellor a opción se non nas que a coeducación sexa o ideario que impregne a totalidade do centro e das partes co compoñen