Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo teatral “O Bordelo” de Cervo vai a mostra de Cariño e actúa en Xove e Foz en agosto

CERVO .- O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo actua na XXVIII Mostra de Teatro de Cariño onde representará “R.I.P. Marandaina. O Borede rematará este mes con varias actuacións na Mariña, entre elas,o día 24 en Xove, dentro das festas patronais e o día 27  na Mostra de teatro de Foz onde ofrecerán “O espello do prestamista”, ámbalas dúas orixinais do seu director Francisco Piñeiro.

Nota de Prensa

Rematadas Express-arte e as Veladas de Teatro no Souto , con excepcional acollida de público e gran satisfación por parte dos membros do grupo de teatro “O Bordelo”, organizador das mesmas, o colectivo cervense representará hoxe , mércores, día 12 de Agosto , no Concello coruñés de Cariño, onde se celebra  unha das mostras decanas do teatro galego , pois cumplirá este ano  a súa  vixésima oitava edición.
O Bordelo representará  no Auditorio Municipal  , ás dez da noite ,unha das tres pezas que leva en carteleira, a galardoada “R.I.P. Marandaina. Rematarán este mes con varias actuacións  na Mariña, entre elas ,o día 24 en Xove, dentro das festas patronais e o día 27  na Mostra de teatro de Foz onde ofrecerán “O espello do prestamista”, ámbalas dúas orixinais do seu director Francisco Piñeiro.

Exit mobile version