Nota de Prensa
As pesquisas están relacionadas coa desaparición e posterior recuperación da placa inaugural da Piscina Municipal de Lieiro
CERVO ABRIRÁ UNHA INVESTIGACIÓN OFICIAL PARA DETERMINAR SI CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN ESTÁN A ACCEDER SEN AUTORIZACIÓN OU COMUNICACIÓN PREVIA A INSTALACIÓNS MUNICIPAIS RESTRINXIDAS OU PECHADAS
* O PSOE recoñeceu publicamente que os seus edís accederon ao almacén das piscina municipal de Lieiro, sen dispoñer do permiso oportuno, e posteriormente ao recibidor interior destas instalacións cando a piscina permanecía pechada polas labores anuais de limpeza e mantemento.
* O Executivo local non nega a posibilidade de visita dos concelleiros da oposición ás instalacións municipais pero lembra que estes deberan contar co permiso oportuno ou comunicación previa, para non extralimitarse nos seus dereitos nin vulnerar o deber de custodia que corresponde ao Equipo de Goberno.
Cervo, 22 de agosto de 2009.- O Goberno municipal de Cervo abrirá unha investigación oficial interna para determinar si concelleiros da oposición están a acceder sen autorización ou comunicación previa a instalacións municipais restrinxidas ou pechadas ao acceso público.
PISCINA MUNICIPAL
As devanditas pesquisas están relacionadas coa desaparición e posterior reaparición da placa inaugural da piscina municipal de Lieiro así como con outros casos similares. Nas pasadas datas o PSOE local recoñeceu publicamente que un dos seus concelleiros accedeu nun primeiro momento ao almacén da piscina municipal, un espazo restrinxido de uso exclusivo para o persoal autorizado, de xeito especial pola súa perigosidade –xa que nel almacénanse varios produtos químicos de limpeza e outros materiais de acceso no público-. Con posterioridade desde esta mesma formación política recoñeceron que un dos seus concelleiros comprobou in situ a reposición da placa inaugural no recibidor destas instalacións pero, curiosamente durante un período no que a piscina permanecía coas súas portas pechadas ao público, debido as labores de limpeza e mantemento que se desenvolven anualmente na época estival.
EXTRALIMITACIÓN NO SEU DEREITO
Desde o Concello de Cervo lembran que o Goberno municipal ten o deber de custodia das instalacións de titularidade pública e salientan que deben respectarse en todo momento as instrucións de réxime interno e, de xeito especial, no relativo aos espazos restrinxidos. Os concelleiros da oposición teñen recoñecido en todo momento pola lexislación vixente a posibilidade de acceso á información, documentación ou espazos públicos municipais pero, para desenvolver esta actividade con rigor e non extralimitarse neste dereito existen un procedemento ben definido, rexido tamén polo sentido común, e baseado na solicitude de autorización ou comunicación previa, a ser posible por escrito, aos edis do Goberno.
CORROBORAR UNHA SERIE DE FEITOS
O Executivo cervense descoñece o obxectivo final destes accesos non autorizados dos concelleiros da oposición ou si se falta algún tipo de material ou documentación. “Precisamente a investigación ten por obxecto aclarar estes feitos. Queremos saber cando e como accederon as instalacións, cal era o obxecto destes accesos secretos e non autorizados, que é o que fixeron dentro e se falta algún tipo de documentación ou material empregando para elo canles non regulamentarias para facelo. En definitiva, queremos coñecer as circunstancias nas que se produciron este tipo de comportamentos tan irregulares e sospeitosos por parte do principal partido da oposición”