XOVE .- O grupo de teatro O Bordelo abre en Xove a semana grande do San Bartolo, dentro do programa de actividades culturais-deportivas da da Concellería de Cultura. Será o luns 24 de agosto ás oito da tarde no salón de actos do Centro Cívico
NOTA DE PRENSA.-
TEATRO O BORDELO ABRE A SEMANA GRANDE DO SAN BARTOLO 2009 EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, deseñou un amplo programa de actividades culturais-deportivas que baixo a denominación Programa “San Bartolo 2009” se viñeron desenvolvendo durante todo o mes de agosto. Este amplísimo programa vai ter o seu corolario e días máis intensos na semana vindeira, auténtica SEMANA GRANDE das Festas Patronais, na cal están programadas multitude de actividades, a primeira das cales está a cargo do TEATRO O BORDELO de Cervo, quens van por en escea a obra R.I.P. MARANDAINA o vindeiro luns 24 de agosto ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, con entrada libre e gratuita. Esta obra forma parte do Programa BUXIGANGA, proxecto teatral que a Vicepresidencia Primeira e Cultura da Excma. Deputación de Lugo puxeron en marcha por concellos de toda a Provincia.
Dende o Concello quérese aproveitar para invitar a tódolos veciños e visitantes a que participen nesta e no resto de actividades programadas.
En canto ao grupo O Bordelo, decir que se trata dun dos máis importantes grupos de teatro amateur (aleccionados) de Galicia, que ademáis veñen de gañar o Ciclo de Teatro Aficionado “Domingos a Escena” de Ferrol, premio moi importante dado que foi outorgado polo público asistente ao Ciclo. O premio gañárono precisamente coa obra que van interpretar en Xove, “R.I.P. Marandaina”, UNHA COMEDIA que, como define O Bordelo, «está concebida para usar como medicamento. Reduce a febre do desequilibrio territorial, rebaixa a elevada hipertensión social, evitando colapsos circulatorios, brotes endémicos de intolerancia, e artrose comunicativa».