CERVO .- O goberno municipal de Cervo asegura que o Concello nunca “asumiu o gasto de persoal das traballadoras da Casa da Administración e polo tanto, que a administración local non adebeda ningún tipo de salario a estes traballadores”.
NOTA DE PRENSA
Na pasada lexislatura o Executivo de PSOE e BNG non investiu un só euro neste espazo de grande importancia patrimonial e turística malia os graves danos provocados polo temporal Klaus que tan só comezaron a corrixirse tras a chegada do novo Goberno autonómico
CERVO RECRIMINA O SILENCIO DO PSOE DURANTE CATRO ANOS NOS QUE A XUNTA BIPARTITA MANTIVO NO ESQUECEMENTO AO CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE SARGADELOS
• O Concello de Cervo e a nova Xunta son as únicas administracións que traballan para recuperar a dignidade deste espazo e comprométese a sacalo do esquecemento no que o mantiveron socialistas e nacionalistas.
• O Executivo local pon en evidencia o nulo coñecemento que PSOE ten, pola súa falta de interese, respecto do funcionamento do Padroado de Sargadelos
Cervo, 25 de agosto de 2009.- O Goberno municipal recrimina ao PSOE que saian agora á opinión pública criticando a situación do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos despois de gardar un clamoroso silencio os últimos catro anos nos que a Xunta bipartita mantivo no esquecemento a este espazo de grande importancia patrimonial e atractivo turístico.
O Executivo municipal insiste en que tanto o Concello de Cervo como os novos responsable da Xunta son as únicas administracións que están a traballar para recuperar a dignidade deste espazo e comprométense a seguir esforzándose para sacalo da situación precaria na que o mantiveron PSOE e BNG, desde as súas distintas responsabilidades de goberno na anterior Xunta. Nin a Consellería de Cultura –en mans nacionalistas- nin a de Presidencia –rexida polo PSOE- investiron nin un só euro para a recuperación e posta en valor do Conxunto Histórico Artísticos de Sargadelos.
SILENCIO DO PSOE ANTE A PRECARIA SITUACIÓN POST-KLAUS
Como mostra do dito con anterioridade lembran o silencio do PSOE ante as reiteradas peticións formuladas polo Concello de Cervo para que a Xunta bipartita asumira o seu compromiso de recuperar este espazo despois dos graves danos provocados polo ciclón Klaus. A situación desoladora que presentaba a área recreativa, a zona coñecida como Paseo dos Namorados e a senda botánica contigua, tan só comezou a amañarse despois da vitoria electoral do PPdeG, e o seu posterior acceso ao Goberno da Xunta e, en todo caso, “grazas ás xestións desenvolvidas polo Concello para acelerar todos os trámites previos ao inicio das obras”.
NOVO IMPULSO AO PADROADO DE SARGADELOS
Nos últimos catro anos tan só reuniuse nunha ocasión o Padroado de Sargadelos, a pesar das reiteradas peticións do Alcalde para que estas xuntanzas tiveran lugar. Desde o Concello de Cervo adiantan que xa solicitou unha reunión deste padroado, que terá lugar nun prazo breve, para darlle o impulso que non tivo durante estes anos e resolver os problemas pendentes.
O CONCELLO CUMPRE, A XUNTA BIPARTITA NON
O Executivo que preside Alfonso Villlares lamenta que o PSOE poida realizar afirmacións sen ningún tipo de fundamento ou verosimilitude e atribúe este comportamento dos socialistas a que nunca amosaron o mínimo interese en saber cales son as funcións e organización do Padroado de Sargadelos. Así por exemplo clarexa que nunca o Concello de Cervo asumiu o gasto de persoal das traballadoras da Casa da Administración e polo tanto, que a administración local non adebeda ningún tipo de salario a estes traballadores. Por outra banda, explica que o Concello sempre desenvolveu con total corrección as labores de mantemento nos terreos municipais e autonómicos do Complexo Histórico Artístico de Sargadelos, sen ningún tipo de axuda de ningunha administración. “Quen diga o contrario minte, e o fai ademais de mala fe”. En contraste con isto, a Xunta non executou nestes últimos catro anos nin un só euro destinado nin a investimento nin mantemento deste espazo, incluso esquecendo aquelas áreas que son da súa directa competencia.
O PSOE: AVERGONZADOS OU CALADIÑOS
En todo caso os edís de Goberno entenden que o PSOE debera estar avergonzado, polo silencio que mantivo nos pasados catro anos respecto do esquecemento do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e, por coherencia con este comportamento, emprázalles a “seguir caladiños se tan só van a falar para realizar acusacións sen fundamento”. De calquera xeito, desde o Goberno municipal emprazan a calquera veciño ou visitante a comparar a situación na que se atopaba o conxunto histórico artístico de Sargadelos fai uns meses coa que agora ten.
ESTE VERÁN LOGROUSE UN GRAN NÚMERO DE VISITANTES
Finalmente desde o Concello de Cervo desmenten que exista ningún tipo de dano ao turismo. “Mostra de que o que están a dicir non é certo está no feito de que cada vez un maior número de visitantes e veciños achéganse ata Sargadelos, de xeito especial nesta época estival, para disfrutar da beleza dos seu paisaxe, da importancia cultural do seu patrimonio, e do atractivo turístico que representa”