XOVE .- O Concello de Xove abriu o período de inscrición para solicitar o pago dos gastos de transporte escolar aos rapaces e rapazas de Xove que estudien en Viveiro, Burela ou San Ciprián. Para cumprimentar o tramite deberán pasar pola biblioteca de Xove
NOTA DE PRENSA.-
ABERTA A INSCRICIÓN PARA TRANSPORTE ESCOLAR MUNICIPAL DOS ALUMNOS/AS DE XOVE A VIVEIRO, BURELA E SAN CIPRIÁN
O Concello de Xove, un ano máis, vai sufragar os gastos de transporte escolar de tódolos rapaces e rapazas de Xove que se despracen estudiar a Viveiro, Burela ou San Ciprián. Todos/as aqueles que estudien nos citados lugares e queiran disrutar deste servizo, deberán pasar pola Biblioteca Municipal de Xove para inscribirse, para o cal terán que cubrir unha ficha e aportar unha fotografía tamaño carnet. O horario en que poderán realizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal é o seguinte:
-En agosto, só pola mañá, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:00 horas.
-En setembro, de luns a venres pola mañá de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 18:30 horas, e os sábados de 10:30 a 13:00 horas.