NOTA DE PRENSA.-
60 XOVENSES Á FESTA DE MAIORES DE VILALBA
Un total de 60 xovenses, nun autobús fletado polo Concello, partiron hoxe ás 9:30 horas con destino a Vilalba para participar na XUNTANZA DE MAIORES organizada pola Consellería de Traballo e Benestar. Acompañando a esta expedición van o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Xa en Vilalba, o Programa de Actos vaise desenvolver no magnífico entorno da Praia Fluvial de La Magdalena, comezando cunha recepción de grupos folclóricos ás 11:00 horas, benvida das autoridades ás 12:00, Santa Misa, Sesión Vermú ás 13:00 e Xantar de confraternidade amenizado por varias formacións chairegas (Charanga de Vilalba, Pandereteiras de Andrade, Asoc. Entre Lusco e Fusco, Buxos Verdes e Mato Vizoso). Xa pola tarde disfrutarán dun baile amenizado pola Orquestra Alianza e o Trio La Clave, rematando os actos da Xuntanza de Maiores orredor das 20:30 horas, hora prevista de retorno para as casas.