VIVEIRO .- O Concello de Viveiro convoca o certame de pintura o aire libre “Pintar o aire do pasado” dotado con premios por importe de 1.100 euros. O tema das obra será as rúas e os monumentos históricos do casco antigo de Viveiro e o tempo de realización será de 10.00 a 20.00 horas os día 7 e o 8 de agosto.
Nota de Prensa
O Concello de Viveiro convoca o 5º Certame de Pintura ao aire libre “Pintar o aire do pasado” coa colaboración do Ámbito Cultural “El Cortés Inglés”
e o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro
BASES:
1.- Celebrarase en Viveiro os días 7 e 8 de agosto de 2009.
2.- Poderán participar todos os pintores que o desexen, con unha única obra.
3.- O tema das obra será as rúas e os monumentos históricos do casco antigo de Viveiro.
4.- A técnica a utilizar será totalmente libre, e as dimensións do formato da obra non será inferior a 51 x 35 cm nin superior a 100 x 81cm. Debendo presentar o soporte completamente en branco para o seu selado na parte posterior, sen ningún tipo de preparado e totalmente limpo.
5.- A inscripción será gratuita. E o prazo estará aberto ata o día da celebración do certame.
Lugar: Departamento de cultura do Concello de Viveiro (Teatro Pastor Díaz),
en horario de 09.00 a 13:00 horas.
Teléfono: 982560162
6.- O tempo de realización será de 10.00 a 20.00 horas os día 7 e o 8 de agosto. As obras recolleranse no Departamento de cultura (Teatro Pastor Díaz ) .
7.- O pintor/a realizará a súa obra no mesmo sito que se representa.
8.- As obras non deberán ir firmadas, e no caso de ser premiada o autor comprométese a firmala.
9.- O xurado está composto por membros de recoñecido prestixio no mundo das artes, asi como representantes do Concello de Viveiro. O xurado comprométese a non ver as obras ata que sexan recollidas pola organización, evitando calquer contacto cos autores.
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases, asi como a decisión do Xurado, que é inapelable. o xurado poderá declaralo deserto cando a calidade dos traballos presentados sexa insuficiente.
11.- O horario das actividades ó remate do concurso será :
Venres 7:
10.00 h.: Selado do material no Departamento de Cultura (Teatro Pastor Díaz)
20.00 horas do día 7 recollida das obras no Teatro Pastor Díaz.
Sábado 8: Os participantes que non remataron o traballo, poden facelo de 10.00 a 20.00 horas-
A entrega dos premios FARASE O DOMINGO ÁS 12.30. HORAS
12.- Calquera caso non contemplado nas bases será resolto polo Xurado.
13.- As obras premiadas quedarán a disposición do Concello, que se reserva os dereitos de reprodución da obra.
14.- Os orixinais non premiados devolveránse aos autores ata ó día 14 de agosto en horario de 09.00 a 13.00 horas no Teatro Pastor Díaz.
15.- Premios:
1º premio: 600 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
A cantidade dos premios será indivisible