Fernando Suárez deu a benvida a todos eles, presentou a tódolos compañeiros da corporación, e suliñou que “para nós, este evento deportivo, que é o primeiro destas características que acolle a nosa vila, fai que se potencie máis o porto e se poña en valor o potencial turístico de Ribadeo”.
O rexedor engadiu que “aínda que o noso porto deportivo non ten tanta tradición na vela, estamos traballando para mellorar e esperamos que este non sexa o único, senón o primeiro evento dunha longa listaxe”.
O alcalde entregoulle a Michèle Daviet, un grabado do casco antigo e un escudo de Ribadeo como recordo deste encontro que desexa repetir.