E non é que eu estea en desacordo con esta idea, a o fin e a o cabo son un pequeno empresario, un autónomo ou utilizando a palabra de moda “Un emprendedor”, xa digo que paréceme interesante. En efecto, un Concello non deixa de ser unha empresa. Están os que a dirixen, os que traballan nela e os clientes dos que esta depende. Hai unha balanza de ganancias e de perdas, hai un produto que se ofrece e un prezo que se paga por el. Pero acórreseme que, de todos os xeitos, existe unha diferencia substancial respecto ás empresas.
Alguén concibiría unha empresa na que hai uns señores, directamente vinculados aos que han de rexela, que poñen todo o seu empeño en dificultar o labor destes, reprochando constantemente as súas resolucións, sexan cales foran, co único obxectivo de chegar a sucederlles eles no mando? Nin moito menos. Non hai empresa no mundo que teña nada parecido a unha oposición política como as que teñen ou deberían ter os concellos.
As empresas normalmente encontran a motivación para superarse na loita competitiva contra outras empresas, na súa constante relación coa clientela real e potencial, pero xamais han de batallar contra elas mesmas dese modo que o fan os grupos de goberno contra a súa oposición. E outro tanto cabe dicir respecto a ámbitos políticos maiores.
Quenes se equivocan, as empresas ou os Concellos? Deberían os grandes empresarios mariñáns buscarse uns cantos inimigos (seguro que os encontran) e poñelos en postos relevantes para que se dediquen a entorpecer o seu traballo un día si e outro tamén? Paréceme a min que non. Quizá aquí esta a quid da diferencia, a pesares de que moi poucos gobernos de por aquí teñen unha autentica oposición que os marque de cerca, incluso dánse casos como en Viveiro en que goberno e oposición son o mesmo, amigos e inútiles, así nos teñen sen presupostos, en bancarrota, gastando o que non temos en festas e romarías.