Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o BNG de Cervo que abandonará o pleno pola negativa do goberno a incluir a súa moción sobre a autovía

Nota de Prensa

O BNG ABANDONA O PLENO DURANTE O DEBATE DE DUAS MOCIONS PRESENTADAS POLO PP

Os nacionalistas argumentan o abandono pola negativa do goberno local a incluír a súa moción sobre a autovía San cibrao-Barreiros no orde do día do pleno.

Unha das mocións presentadas polo PP xa foi presentada, debatida  e aprobada nos mesmos termos en maio de 2008.

Cervo, 14 de agosto de 2009. O BNG de Cervo anunciou o seu abandono durante o debate de dúas mocións presentadas polo PP no pleno que se celebrará o luns 17, participando no resto da sesión. Os nacionalistas argumentan a súa ausencia pola negativa do grupo de goberno a admitir a súa moción sobre o trazado da autovía San Cibrao-Barreiros, que foi convertida en proposta da alcaldía. Ademais de denunciar a actitude antidemocrática do PP neste punto, abundan na crítica ao parecerlles redundante que o PP presente agora unha moción sobre o servizo de correos que xa foi aprobada nos mesmos termos, por iniciativa nacionalista, en maio de 2008.

O ALCALDE PRETENDE AGORA SALVAR O SEU NULO TRABALLO NA DEFENSA DOS INTERESES DOS VECIÑOS CO TRAZADO DA AUTOVIA

O BNG volveu incidir na falla de dedicación, despreocupación e abandono dos intereses municipais por parte do alcalde, Alfonso Villares, en relación á tramitación das diferentes fases do trazado da autovía San Cibrao-Barreiros. “Non é presentábel que o concello non remitira ningún documento na fase previa á elaboración do trazado, como fixeron outros concellos, tampouco o é que o alcalde fose a remolque do BNG na exposición aos veciños do trazado ou que preferira reunirse antes cos seus correlixionarios políticos de Burela antes que cos veciños do seu concello, e moito menos que o pleno onde se debía tratar o tema da autovía non se fixera dentro do período de alegacións que rematou o 29 de xullo sen ter intentado dentro de prazo unha proposta que conxugara os intereses e unira esforzos cos concellos lindeiros”. Agora despois deste “desleixo e incapacidade para a xestión deste tema, o alcalde, nega ao BNG o debate dunha moción sobre o tema que converte en proposta da alcaldía, nun intento de emendar os erros que chega tarde, mal e a destempo”.

O PP UTILIZA OS PLENOS DO CONCELLO PARA DAR COBERTURA INSTITUCIONAL A SUA CAMPAÑA POLÍTICA AÍNDA QUE SEXA REDUNDANDO EN TEMAS XA TRATADOS

Os nacionalistas non participarán da campaña mediática do PP que o leva a incluír na orde do día do pleno do luns unha moción que xa fora tratada por iniciativa do BNG e aprobada nun pleno de maio de 2008. O PP estivo catro anos presentando mocións con reclamacións dirixidas á Xunta de Galiza que agora esquecen para volcarse noutras administracións como poda ser a Deputación ou o goberno do Estado.

O BNG PRESENTARÁ  NO TURNO DE ROGOS E PREGUNTAS VARIAS INICIATIVAS EN RELACION A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO E REMATE DAS OBRAS NA URBANIZACIÓN A ATALAIA.

Os nacionalistas presentarán como rogo o remate das obras na urbanización a Atalaia que continúan sen estar rematadas, con luminarias que non funcionan e co cableado á vista e sen que se puxera iluminación nas escaleiras de acceso onde antes existía. Queren que se remate ao completo antes da entrega dos avais solicitados pola empresa adxudicataria do proxecto.

Ademais tendo en conta a eliminación polo actual goberno autonómico do sistema de libros gratuítos, queren que o concello asuma, tal como facía con anterioridade á entrada do goberno bipartito na Xunta, o sistema existente no concello para que todas as familias que non entren no sistema definido polo actual goberno galego, conten co material de estudo necesario de xeito gratuíto.

Exit mobile version