Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros sorprendido pola renuncia da alcaldía crear o servizo de Policía Local

NOTA DE PRENSA

OS NACIONALISTAS CRITICAN QUE DESDE A ALCALDÍA SE RENUNCIE A CREAR O SERVIZO DE POLICÍA MUNICIPAL. O BNG CONSIDERA QUE HOUBO CARTOS DABONDO PARA A SÚA POSTA EN MARCHA AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS.

Barreiros, 26 de agosto de 2009. Para o BNG de Barreiros “resulta sorprendente que desde a alcaldía  de Barreiros se diga agora que se renuncia a crear o servizo de policía municipal polo elevado custo que tería. Desta sorprendente afirmación deducimos pois que o programa electoral do PP de Barreiros era un auténtico engano aos veciños, un programa electoral feito sen rigor e sen seriedade”.

O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, considera que “non é creíble a excusa manifestada polo rexidor municipal que dada a situación económica do concello… e ademais tendo en conta que o 52% do orzamento do concello de Barreiros se adica a gastos de persoal, e tendo contratado a perto de 120 persoas é curioso que desde a alcaldía se vexa esaxerado a creación de 3 prazas de policía municipal tan necesarias para o concello de Barreiros”.

O grupo municipal do BNG engade que “do mesmo xeito non deixa de ser anecdótico que Alfonso Fuente poña pegas á creación do servizo de policía municipal alegando que sería preciso a adquisición dun vehículo, cando todos sabemos en Barreiros o que ocurre co vehículo de protección civil sobre o que parece non existir moito control por parte da alcaldía. É público e notorio que se usa incluso para asuntos particulares, producindo un elevado gasto nas arcas municipais. Isto sí que é unha carga económica moi grande”.

Desde o BNG “ao igual que moitos barreirenses, preguntámonos que destino se lle deu aos cartos por ingresos de licenzas nos anos 2005, 2006 e 2007. Non vale agora queixarse de que non temos ingresos, sobre todo se temos en conta que cando os houbo se gastaron sen planificación ningunha e sen ningún rigor, pois aqueles ingresos non se traduciron en ningún novo servizo para a poboación (casa da cultura sen abrir despois de 5 anos, centro de día sen face, ampliación do servizo de axuda no fogar…”.

Exit mobile version