Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG continúa “coa sua ofensiva social e institucional” para a abrir ao tráfico comercial o porto de Alcoa

NOTA DE PRENSA

Jorquera preguntalle ao Goberno sobre o Porto de Alcoa

O Bloque Nacionalista Galego vai a continuar coa sua ofensiva social e institucional a fin de efecetivizar o acordo do Congreso dos Deputados de cara a abrir ao tráfico comercial o Porto de Alcoa. Neste sentido a maiores de solicitar a xa anunciada comparecencia do Ministro de Fomento, o BNG rexistrou unha pregunta ao goberno a fin de que o executivo de explicacións por escrito sobre a situación na que se atopa o cumplimento do acordo da Cámara.

Os nacionalistas consideramos que non hai ningunha razón de orde  técnico , vinculada as características da enseada e da zona de abrigo , nin de ordenación dos usos nos Portos de Interese Xeral, estamos diante dun problema de vontade política e de falla de peso da Mariña de Lugo fronte ao Porto de  Gijón e tamén d´a Coruña. Neste sentido hai que ter en conta que o actual presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, na súa publicación canónica sobre os Portos de Interese Xeral en 1999, afirmaba que as grandes fortalezas e oportunidades do Porto de Morás non estaba só vinculado ao binomio electricidade e aluminio ou as posibilidades que se abrían para os graneis líquidos e sólidos senón mesmamente a usos turísticos como podían ser o arrastre de transatlánticos de luxo, limitando as debilidades a deficiente conexión intermodal por ferrocarril e estrada. O BNG non vai entrar en ningunha batalliña de salón con outras forzas políticas sobre esta infraestructura, agora ben consideramos máis que irresponsábel, que se pretenda romper a unidade existente na comarca sobre esta reclamación.

Na nosa opinión merece unha reflexión particular a actual conxuntura económica que vive Galiza e o Mundo e as posibilidades de negocio e desenvolvemento para a zona que se abren coa apertura do dique norte ao tránsito comercial posto que abarataría os gastos de loxística de boa parte do sector industrial da zona que se ven obrigados a utilizar os Portos de Vigo, Coruña e Gijón, frearía  a fuga de determinados divisións do noso tecido empresarial que se están desprazando cara Coruña e maioritariamente a Gijón e abrindo novas posibilidades de negocio como as que sinalaba o propio Presidente de Portos do Estado. Hai que ter en conta que a propia memoria da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao recollía na súa memoria de 2007 que o volume de negocio do conxunto dos dous portos representaba máis volume de negocio que o conxunto do sector forestal galego naquela altura, sendo o 46,7% deste volume, o que se xera en San Cibrao.

O Bloque Nacionalista Galego considera que transcorreu un tempo máis que razoábel, case un ano,  para que a administración do estado procedese a executar os acordos parlamentares polo que é fundamental a comparecencia que vimos de solicitar na perspectiva de coñecer cales son as auténticas intencións do mesmo. Non queremos pensar que tras o acordo de setembro de 2008 no Congreso o que se agochaba era unha expresión de cinismo por parte da cámara que pretendía disimular a falta de vontade política por facer unha realidade unha infraestructura tan necesaria para o norte galego.

Exit mobile version