Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo visitou as obras da avenida de Luarca que “están nun estado avanzado de execución”

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Sestán nun estado avanzado de execución uárez, visitou hoxe as obras da Avenida de Luarca que supoñen un desembolso de 305.000 euros. O rexedor asegura que “os traballos que se están a executar nesta rúa importante que da servizo ao pavillón deportivo vello, ao campo de fútbol, ao IES Porta da Auga e máis ao colexio público Gregorio Sanz, e contamos que para cando empece o curso escolar senón están rematadas de todo, sí estean nun grao que permita que os nenos poidan acceder con comodidade ao colexio público”.

Suárez Barcia lembra que “esta obra ten un importe duns 305.000 euros e foi dentro das aprobadas pola Corporación unánimemente para dar servizo a toda esta zona educativo-deportiva  e que tamén se complementa con esta outra que temos rematada dende hai poucas semanas no entorno do colexio Sagrado Corazón, tanto no que é na rúa Lazúrtegui como na rúa Carlos III. Estes traballos van configurar que os centros educativos de Ribadeo tanto no caso do colexio público como no do Sagrado Corazón estean perfectamente modernizados e adaptados na súa accesibilidade, e dende logo eran colexios que tiñan verdadeiros problemas polo estado do firme bastante estropeado… agora cando os nenos empecen o curso van ver un cambio afortunadamente moi positivo”.

O alcalde explica que “estivemos hoxe na Avenida de Luarca os técnicos tanto do Concello como da empresa adxudicataria para calcular en qué grao de execución poden quedar as obras a principios do mes de setembro cando empece o colexio e cremos que en ningún caso se producirá ningún problema ninguna incompatibilidade para que poidamos seguir traballando e ao mesmo tempo os nenos poidan acudir ao colexio con normalidade”.

Exit mobile version