BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, e responsables de Costas visitaron onte as diferentes praias de Burela para estudiar as obras que se realizarán nos vindeiros meses de cara a mellorar os seus servizos.
O rexedor explicou que “durante a visita dos responsables de Costas o que estivemos facendo foi un recorrido polas praias de Burela, pola Marosa, Ril, O Portelo e O Cabaliño e o que se fixo foi estudiar onde se iban ubicar os servizos sanitarios que se ten pensado colocar na praia de O Portelo. De tres propostas, decidimos a máis axeitada xa que cremos que vai a beneficiar tanto a do Portelo como a de O Cabaliño porque a zona pensada está situada moi cerca delas e desta maneira beneficiará ás duas”.
Llano sinalou que “tamén estivemos revisando un pouco as obras que están en marcha, son, por unha banda, a rosa dos ventos que é unha obra que vai quedar moi vistosa no paseo marítimo e espero que guste a todo o mundo que pasee por alí, e tamén supervisamos unhas farolas ornamentais que se colocaron na praia de O Portelo para mellorar a luminosidade nocturna cando se esté facendo algún xogo ou se esté paseando por alí. Creo que quedaron moi ben, moi integradas na paisaxe”.
Alfredo Llano engadiu que “estivemos falando dos proxectos que acometeremos en Ril que vai levar un circuito biosaudable, un parque infantil e aparcamentos. Agardo que para o ano que ven estea listo e que sexa unha atracción máis das nosas praias. Por último, estivemos falando de distintos proxectos que se farán segundo vaia pasando o tempo e que se culminarán posiblemente para o ano que ven. Penso que sempre é bó ter aquí a estes responsables para contarlles en vivo e en directo o que pretendemos para Burela e pensando sempre no beneficio global para o noso municipio. Por tanto consideramos que foi positiva esta visita e que dará lugar a ver obras importantes moi pronto no noso pobo”.