Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX de Burela apoia a compaña “condutor alternativo”

NOTA DE PRENSA
NOVAS XENERACIÓNS APOIA A CAMPAÑA DE CONDUCTOR ALTERNATIVO.
Piden responsabilidade á hora das saídas nocturnas.

Novas Xeneracións do PP de Burela apoian decididamente a campaña de “Conductor Alternativo” posta en marcha polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado e de Mobilidade da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a sensibilización da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcohol ao volante e a aposta polo condutor alternativo” , de cara a reducir os accidentes de tráfico, e as consecuencias que dos mesmos se derivan, entre os xoves, derivados na súa maior parte do consumo de alcohol. Para os xoves do PP de Burela, a aportación da Xunta é fundamental para educar e informar ós xoves sobre os efectos derivados do consumo de alcohol.
Asimismo, pídenlle ós xoves colaboración coa Xunta e demais institucións para facer que os obxectivos da campaña se cumplan
As Novas Xeneracións do PP consideran fundamental que estas campañas teñan posterior traslado ás políticas activas de cara á xuventude que partan dos concellos. Nese senso, NNXX de Burela trasladarán ó Grupo Municipal do PP as súas inquedanzas ó respecto, para tentar buscar unha implicación máis activa do concello a través de iniciativas do Grupo do PP na Corporación Municipal.

Exit mobile version