Site icon Crónica3.com A Mariña

Luns, tradicional feira de gando de San Isidoro do Monte en Xove

XOVE .- O luns celebrase a tradicional feira de gando vacún e cabalar de San Isidoro do Monte, no Concello de Xove, no sitio de Penasagudas. Organizada pola comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura” repartirá máis de mil euros en premios.

Nota de Prensa

FEIRA DE GANDO DE SAN ISIDORO DE MONTE

   O LUNS, 24 de AGOSTO, o mesmo que nos últimos anos, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

   A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto o Dia de San Bartolo. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

   O Programa da Feira é o seguinte:

-9:30 horas: xuntanza do gando no recinto feiral.

-12:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.

-12:00 horas: comeza o traballo do Xurado para o Concurso Gandeiro.

-13:30: Sesión Vermú con “Aguamarina”.

-17:00 horas: Carreira Cabalos.

-18:00 horas: entrega de premios dos distintos Concursos e da Carreira de Cabalos.

   No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:

   1. Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:

   1º  premio: 180 €uros

   2º  premio: 150 €uros.

   3º  premio: 120 €uros.

   4º  premio: 90 €uros

   5º  premio: 60 €uros.

   6º  premio: 50 €uros.

   7º  premio: 30 €uros.

b) Concurso  de “Maior número de reses cabalares na Feira”:

   1º  premio: 180 €uros

   2º  premio: 150 €uros.

   3º  premio: 120 €uros.

   4º  premio: 90 €uros

   5º  premio: 60 €uros.

   6º  premio: 50 €uros.

   7º  premio: 30 €uros.

Na Carreira de Cabalar, a Organización para este ano ten o seguintes premios:

   Modalidade Cabalos do País:

   1º  Premio de País: 90 €uros.

   2º  Premio de País: 60 €uros. 

   3º  Premio de País: 30 €uros. 

   Modalidade de Cruzados:

   1º  premio: 90 €uros.

   2º  premio: 60 €uros.

   3º  Premio: 30 €uros.

   Para poder participar en calquera das dúas carreiras, os xinetes terán que presentar obligatoriamente o seu Seguro de Responsabilidade Cívil.

 

   Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).

Exit mobile version