Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela agarda que a Xunta remate en setembro as obras da gardería

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera moi positivo o arranxo que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade realizará na gardería e agarda que a Xunta de Galicia remate as obras para o mes de setembro.

O rexedor asegura que “é unha boa noticia todo aquelo que teña relación coas melloras que se poidan producir na gardería de Burela. É certo que hai que buscar unha solución integral e definitiva e paréceme ben que se xogue neste campo de resolver todo dunha maneira definitiva e clara. Así que, en principio, son optimista coa nova que recibín a través da Consellería de Traballo e Benestar, de que se acometa agora o antes posible. Loxicamente, deberá ser neste mes de agosto, dado que hai moi pouca actividade, mentres que en setembro, xa volvería a actividade ó máximo e repercutiría no desenvolvemento normal das accións que alí se levan”.

Llano insistiu en que “agora mesmo é unha boa idea aportar de forma integral unha solución á gardería para acabar dunha vez coas goteiras e humidades. Creo tamén que se debería ter en conta o deseño e a arquitectura e se se ve que non funciona renovala completamente como é normal”.

Exit mobile version