Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase o BNG de Barreiros por melloras para os condutores e para os viandantes

NOTA DE PRENSA

O BNG PIDE A ORDENACIÓN DO TERRITORIO EN BARREIROS E A ADOPCIÓN DE MEDIDAS QUE PERMITAN MELLORAR A FLUIDEZ DO TRÁFICO, A COMODIDADE E A SEGURIDADE DOS VIANDANTES E CONDUCTORES QUE VISITAN AS PRAIAS. OS NACIONALISTAS ACUSAN AO ALCALDE DE SUSCITAR UNHA POLÉMICA ESTÉRIL ESTES DÍAS.

Barreiros, 21 de agosto de 2009. O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga, aboga pola ordenación do territorio en todo o concello, pero sobre todo na zona das praias onde deberían crearse aparcadoiros fixos. Os nacionalistas queren pechar unha polémica que consideran estéril e suscitada polo alcalde, Alfonso Fuente.

Veiga Outeiro cre que “esta liña que está seguindo o PP ao mellor a entendo en institucións onde está na oposición, pero onde está gobernando onde leva vinte e tantos anos gobernando non o entendo porque o Partido Popular non é que estea gobernando é que ostenta o poder, outra cousa é gobernar en Barreiros, entonces gobernan en Barreiros, gobernan tamén na Xunta de Galicia e o único ao que se adica o alcalde de Barreiros, se seguimos as súas aparicións nos medios, é a atacar á Deputación. Eu creo que lle terá que explicar aos veciños nestes dous anos do seu segundo mandato que leva qué é o que fixo, teralle que explicar aos veciños tamén por exemplo se a Xunta lle vai comprometer ese Centro de Día que Alberto Núñez Feijóo prometeu para tódolos concellos coma Barreiros de 3.000 habitantes. E tamén lle digo que se deixe de ver inimigos onde non os ten salvo que queira buscar inimigos políticos para que lle dean unha certa rentabilidade política esa demagoxia que ven facendo nos últimos tempos Alfonso Fuente”.

Os nacionalistas consideran que “o verán vai pasando e solución non se adopta ninguna para mellorar a fluidez do tráfico, e a comodidade e a seguridade dos viandantes e dos conductores que visitan as nosas praias. Alfonso Fuente non quere entrar no fondo da cuestión que é que Barreiros necesita ordenar o seu territorio. Hai moitos anos que necesita ordenar o seu territorio e ten medios para facelo e tivo suficientes cartos, orzamentos durante todos estes anos, se son certos eses ingresos que había previstos durante todos estes anos, e se se efectivizaron para gozar entre outras cousas de moitos servizos. Non entendemos como o concello de Barreiros coa población triplicada que ten nos meses de verán e durante moitos anos vimos insistindo, incluso o Partido Popular, non só o BNG, o propio Partido Popular o levaba no seu programa electoral, a creación de prazas de Policía Municipal. É incomprensible, que o Concello de Barreiros non teña policías municipais para ordenar o seu propio tráfico nas praias, no centro de Barreiros e en todos aqueles sitios que precisa. Non será por falta de cartos xa que durante todos estes anos se manexaron uns presupostos altísimos no Concello de Barreiros pero a verdade é que servizos non vimos ningún”.

Viais destrozados

O portavoz do BNG en Barreiros recoméndalle a Alfonso Fuente que “deixe de mirar para outro lado, de buscar a palla no ollo alleo e mire os viais que ten no seu propio concello, hai algún que debido ás riadas, ás choivas está derrubado ao mellor dende hai sete ou oito meses e non hai visos de que vaia actuar. Un vial propio do concello desfeito por  incompetencia do Concello de non ter en debidas condicións as cunetas, porque están desastrosas en todo o concello. Entón, eu recomendaríalle con todo o cariño a Alfonso Fuente que está moi ben saír na prensa pero cada vez que se sae na prensa debería ser para anunciar algo que se fixo ou que se vai facer e non para atacar e en moitos casos tirar pedras contra o seu propio tellado. Pedísmolles que mire para a súa rede viaria local, que se dote de medios, porque xa digo neste Concello houbo cartos e ten que seguir habendo cartos, Barreiros non está endebedado, a cuestión será saber administrar eses cartos e que repase toda a súa rede viaria local a ver se lle encontra algún fallo, porque os veciños sí que llos encontran”.

Veiga Outeiro insiste en que “eso é o que lle recomendamos en pleno agosto ao señor Fuente Parga e dicirlle tamén que os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego saben de sobra que sí están alquiladas 10 fincas para aparcadoiros, sí que o sabemos, porque xa hai anos, antes de ser alcalde o señor Alfonso Fuente Parga, outros alcaldes xa facían eso. Dende o BNG criticábamos que non se dotaran de aparcadoiros as zonas, pero de aparcadoiros fixos, que non se ordenara toda esa zona costeira, agora hai que botar man desa solución precaria, coma todas as que se adoptan en Barreiros, que é alugar uns prados, que en moitos casos se adican a facer campismo ilegal denunciado tamén polos propietarios dos campings de Barreiros. Os concelleiros do BNG visitamos e recorremos as praias e recorremos a zona de interior porque parece ser que o señor Fuente Parga só recorre as praias e non a zona do interior. Polo tanto, nós queríamos que esta polémica se pechara e se pechara con feitos e agora a pelota está no tellado do señor alcalde, él ten que dar un paso adiante”.

Exit mobile version