Site icon Crónica3.com A Mariña

Indaga o PP de Burela a actividade da Policía Local o día 9 entre as seis e as sete da tarde

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que cidadáns non contactaron coa policía municipal o día nove pola tarde.

Os populares afirman que un deles optou por contactar coa Garda Civil.

Consideran que un alcalde que manipula datas, oculta infomración e incumple o que di non é de fiar.

O GMPP de Burela, logo de que o alcalde tachase de mentiras a denuncia do PP de que o domingo día nove pola tarde non houbese policía local, pídelle ó alcalde que nos diga entón que o que pasou realmente, porque ese día, entre as seis e as sete da tarde, alomenos dúas persoas tentaron contactar co móvil da Policia Local, e o indicado teléfono non estaba operativo e tampouco había ningún efectivo nas dependencias da mesma; é máis, despois do indicado, ese día, hasta o remate teórico do turno de tarde da policía, ninguén contactou con estas persoas. Mesmo unha persoa chamou á Garda Civil para ver de solucionar o problema que se lle estaba plantexando, ante a imposibilidade de contactar coa policía local.

Os populares indican que estes son os feitos e polo tanto pídenlle ó alcalde que aclare esta situación; o GMPP non pón en dúbida a profesionalidade dos membros da policía local, por eso concluimos que non había turno de tarde o indicado domingo, o que evidentemente é responsabilidade do alcalde. Se o móvil da policía local estivo averiado ou estivo fóra de servicio, ou apagado por calquera motivo, dígase; pero o certo é que houbo veciños que non puideron solucionar os seus problemas porque non contactaron por ningún medio coa policía local.

Un alcalde que pretende ocultar e tapar a súa inoperancia e incapacidade atacando á oposición. O GMPP considera que o alcalde, coa pouco afecto que lle tén ó traballo e ó concello, que modificou o rexistro de saída para enganar ós veciños de Foxo; que ocultou durante quince días un informe da Deputación sobre o trazado do novo vial Barreiros-San Cibrao, e que anunciou hai mes e medio medidas para arranxar os problemas que xenera a xa coñecida finca do parque do Campón e que ainda non fixo nada, non é de fiar. Todo o que diga ou faiga este home está posto en cuarentena.

Exit mobile version