Site icon Crónica3.com A Mariña

Expositores de 4 países da UE acudirán á Burela a “II Feira de antigüidades e colecciónesmo”

BURELA (FNC) .- Burela acollerá do 14 ao 17 de agosto a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo, na que está a traballar a Delegación de Industria, Comercio e Turismo que dirixe José González Legazpi. O evento será no pavillón dos institutos.
Segundo Legazpi “esta segunda edición reunirá a un número de expositores superior ao do pasado ano e atoparase tamén aberta ao público un día máis que na pasada edición, o que representa un avance importante e unha aposta cara a súa consolidación. Agardamos polo tanto un exitoso resultado da feira que cumpre unha necesidade na comarca non só de cara ao sector, senón que pretende tamén dirixirse a tódolos públicos, en canto que dispón dun amplo abano de obxectos valiosos e serios, pero non caros”.
O edil nacionalista engade que “si na pasada edición participaban xa anticuarios de Francia e Portugal, dándolle ao evento un carácter internacional, nesta segunda edición virán tamén expositores procedentes de Italia e Alemaña, así como españois de distintos lugares, como Madrid, Valencia ou Barcelona. En definitiva un certame de importancia para a comarca da Mariña esta II Feira de Antigüedades e Coleccionismo de Burela, que traerá sen dúbida ao noso concello e a esta zona  posibilidades económicas e turísticas”.

Exit mobile version