Sonia Fraga explicou que “dende a Delegación de Traballo queremos agradecer a máxima participación que houbo por parte das familias de aquí do noso concello de Burela co programa que puxemos en marcha da ocioteca. Agradecer tamén á Delegación de Benestar que leva a compañeira Neves Cando que participou e está participando tamén neste programa e sobre todo reseñar que foi unha iniciativa nova que tivo o noso Concello para conciliar a vida familiar e laboral agora no verán”.
A edil de Traballo lembrou que “puxemos en marcha este proxecto onde os nenos están sendo atendidos na ocioteca de luns a venres en horario de 9 a 2. Comezou o 15 de xullo e rematará o 11 de setembro co comezo do curso escolar e a participación foi moi importante. Están a ser atendidos 20 nenos, dos que 12 son de idades comprendidas entre 3 a 5 anos e o resto de 6 a 8, ou sexa houbo moita participación de nenos de 3 a 5 anos. As duas monitoras que se encargan de impartir as actividades na ocioteca están a realizar actividades educativas, lúdicas e socioculturais, así como manualidades, xogos para saber compartir e que poñan en valor as actitudes que son necesarias a día de hoxe. Dende o Concello e dende a Delegación de Traballo que é a miña área, recalcar que estamos contentos coa iniciativa e faremos o posible para poder contar con ela en anos posteriores”.