Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela repartirán cinceiros nas praias para que non se deixen as cabichas na area

BURELA (FNC) .-  A Concellaría de Medio Ambiente de Burela poñerá en marcha a partires de mañá unha campaña de concienciación para que os usuarios das praias non deixen as cabichas na area.

A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza explicou que “imos comezar unha campaña de concienciación para que a xente pense no importante que é non deixar as cabichas ou colillas na praia. Para levar a cabo esta campaña as monitoras do Centro de Educación Medio Ambiental Gaia van repartir cinceiros de man que son reutilizables para os usuarios das nosas praias durante a tarde de mañá a partires das 16.00 horas. Dende este día, todos aqueles que desexen conseguir un cinceiro poderán acudir ó posto dos socorristas que é o lugar onde  lles vai ser facilitado”.

Lucía Bouza lembrou que “é moi importante que respetemos o noso medio ambiente con pequenos xestos como é este de non deixar as cabichas na praia, xa que estas son difícilmente biodegradables e conteñen numerosas substancias nocivas que proveñen do tabaco e que se liberan en contacto coa auga, perxudicando a vida acuática e a calidade das zonas de baño. É realmente importante que non tiremos as cabichas na area e por iso vamos repartir durante a tarde de mañá estes cinceiros reutilizables”.

Exit mobile version