RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, viaxa a Francia para participar na saída da XII regata Transgascogne 6.50 que terá lugar o domingo 2 de agosto desde o porto de Bourgenay rumbo a Ribadeo. Esta regata xa pasou noutras ocasións por cidades como A Coruña, Xixón ou Santander e este ano recalará en Ribadeo. Ao longo da vindeira semana irán chegando os barcos participantes e haberá diversas actividades institucionais. O sábado 8 de agosto terá lugar a saída da segunda etapa entre Ribadeo e Bourgenay.
O alcalde, Fernando Suárez, considera que “se trata dunha interesante cita deportiva e importante tamén para a proxección turística de Ribadeo no estranxeiro”.