Site icon Crónica3.com A Mariña

Discrepa o PP da política de subvencións da Deputación e dos criterios de concesións

Nota de Prensa

O GPPP denuncia sectarismo na política de subvencións da Deputación

* O voceiro adxunto, González Barcia, di que de cinco axudas a concellos, só unha foi para un municipio con alcalde popular
* Os populares afirman que as subvencións a colectivos para pequeñas obras tamén son sectarias

Venres, 28 de Agosto de 2009.- O GPPP denunciou hoxe, , que a política de subvencións da Deputación é absolutamente sectaria e discriminatoria, porque para adjudicar as axudas se  priman os criterios políticos e partidistas.

O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, facía estas declaracións logo da celebración da mesa de valoración de subvencións a concellos de menos de cinco mil habitantes.

* Na mesa de valoración de onte tratábase de concesión de subvencións de un máximo de 17.000’00€ para concellos de menos de cinco mil habitantes.
* Había 66.777’00€ para distribuir entre as distintas peticións.
* Concedéronse cinco subvencións a cinco concellos, O Valadouro, A Pastoriza, As Nogais, Begonte e Mondoñedo, dos que só un, o de O Valadouro, conta con alcalde do PP. As Nogais conta con alcalde do PSOE, A Pastoriza e Mondoñedo con alcaldes do BNG en bigoberno co PSOE, e Begonte tén alcalde independente coaligado co PSOE.
* Houbo trinta e unha peticións de outros tantos concellos, dezaseis con alcalde do PP, nove con alcalde do PSOE (catro en bigoberno co BNG), tres con alcalde do BNG (os tres en bigoberno co PSOE), e tres con alcaldes independentes (os tres con apoios do PSOE).
* O concello de O Valadouro recibe 10.560’00€, mentres que os restantes catro reciben un total de máis de cincuenta mil euros; pero mentres O Valadouro terá que aportar o 50% do importe da obra, os outros catro concellos só terán que aportar o 30%.
* Da cantidade total de 66.777’72€, as subvencións concedidas ascenden a 61.186’54€, co que ainda queda un remanente de 5.591’18€. Esta contía permitiría conceder unha subvención ós concellos de Antas de Ulla ou Láncara.
* Sorprende que se conceda a subvención ó concello de As Nogais, porque en boca do Sr. Gato este concello “este concello non deu xustificado a anterior subvención de 17.000’00€ e polo tanto se lle dá esta para que poida facer a obra que pide”.

González Barcia afirma que “estes son os datos obxectivos, e que cada quen pode sacar as súas conclusións”. Pero a do GPPP, segundo Barcia, é clara, “estas subvencións foron concedidas cun claro sectarismo, son discriminatorias e ademais clientelares”.

Barcia foi máis aló e manifestou que as axudas para colectivos veciñais para pequeñas obras de 2008 tamén foron clientelares e caciquís, porque tiveron que pasar polos locais do PSOE, polos seus concelleiros ou polos seus alcaldes, e as do presente ano 2009 van polo mesmo camino, porque sen terse aprobada a súa concesión, “xa hai moitos colectivos que teñen a subvención e a canto ascende o importe”.

O voceiro adxunto dos populares, González Barcia, insistiu que Besteiro “é un hipócrita, porque cando di que goberna para todos esquécese decir que goberna para todos…’os que pensan coma el’”.

Exit mobile version