Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o BNG que o alcalde de Cervo actuou con chulería para abrir un camiño nunha finca privada

NOTA DE PRENSA
O ALCALDE ACTUOU CON PREPOTENCIA E CHULERIA NO INTENTO DE ABRIR UN CAMIÑO NUNHA FINCA PRIVADA DE ESPIÑEIRIDO

Tanto as escrituras dos propietarios, como o planeamento, como unha certificación catastral demostran que o camiño pretendido pasa por unha finca privada.

O Alcalde no lugar de utilizar o diálogo enviou á policía local para forzar a ocupación da propiedade privada de Espiñeirido

Cervo, 5 de agosto de 2009. A actuación do alcalde de Cervo pretendendo abrir un camiño o pasado 31 de xullo ocupando unha finca privada, sen que mediara ningún acordo entre os seus propietarios e o concello forma parte da improvisación e falla de dirección política e administrativa que reina no goberno municipal do PP en Cervo desde que Villares é alcalde. Non é propio dun alcalde actuar contra os seus administrados coa prepotencia e chulería que exhibiu Villares ao enviar a unha parella da policía local a forzar a apertura dun camiño dentro dunha finca privada. sen contar cun acordo previo cos seus propietarios, sen ningunha documentación que acredite o uso público do ben non que se pretende actuar, mentindo publicamente sobre o catastro e obviando a inexistencia no planeamento da rúa que pretendía abrir.

AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE SOBRE A EXISTENCIA DO CAMIÑO NO CATASTRO SON FALSEDADES

As declaracións públicas do alcalde onde manifesta a existencia do camiño que pretendía abrir no catastro, son falsas e botan mais leña ao lume nunha polémica que o propio Villares creou. Tanto unha certificación catastral expedida a nome dos propietarios da finca, como as escrituras de propiedade son coincidentes nos límites da súa finca e non fan mención a ningún camiño público; unicamente existe unha serventía na mesma entrada da finca para acceso a unha fonte que sempre tivo acceso libre. “O alcalde ademais de actuar con prepotencia, forzando coa presenza da policía local a entrada de maquinaria nunha finca privada, mentiu ao tratar de escusar a súa actuación na existencia do camiño no catastro, algo que non é certo. O propietarios, presentaron denuncia na guadia civil e fixeron saber mediante un escrito rexistrado no concello, a documentación que acredita a súa propiedade e a inexistencia do camiño no planeamento urbanístico, esixindo a paralización das obras e reposición do terreo ao seu estado anterior. Agora o alcalde solicítalles mais datos que verifiquen a propiedade da finca, “unha xestión que ben puido facer antes para evitar as malas formas e a prepotencia coa que actuou ate este momento, mais propias do salvaxe oeste que dunha administración pública no século XXI.

O BNG ESIXE UNHA DISCULPA PÚBLICA DO ALCALDE OU CANDO MENOS A QUE LLE DEBE AOS PROPIETARIOS DA FINCA DE ESPIÑEIRIDO.

Debera o alcalde empezar por desculparse publicamente por ocupación ilegal dunha finca privada e mentir en relación ao catastro se quere recuperar as boas formas e salvar á administración pública cervense do bochorno de ser denunciada na guardia civil e nos medios de comunicación, “para o BNG cervo non se merece un alcalde que actúa con tal grao de prepotencia e chulería, moito menos se non sabe desculparse como corresponde”

Exit mobile version