Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de iniciación á electricidade no centro de formación de Burela

BURELA (FNC) .- O Centro de Formación de Burela acollerá durante o mes de setembro un curso de iniciación á electricidade. A concelleira de Formación e Traballo, Sonia Fraga, anunciou que as prazas serán limitadas para 15 alumnos e que o prazo de matrícula está aberto dende hoxe.

Sonia Fraga explicou que “dende a Delegación de Formación e Traballo do Concello de Burela vamos pór en marcha un curso de iniciación á electricidade. Este curso consta de 60 horas e dentro do programa hai detallados sete temas. O primeiro deles tratará de conceptos básicos de electricidade; o segundo, sobre aparatos de medida; o terceiro, materiais eléctricos; o cuarto, instalacións eléctricas na vivenda; o quinto, instalacións de alumeado; o sexto, electrodomésticos e o sete, seguridade nas instalacións eléctricas. Quixemos facer este curso de iniciación para así abordar todo o relativo ao  concepto da electricidade”.

A edil socialista engadiu que “é un curso que se desenvolverá dende o 8 de setembro ao 5 de outubro e que terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas no Centro de Formación Ocupacional. As prazas son limitadas para 15 persoas e a xente que estea interesada en participar neste curso de formación pode matricularse a partires de hoxe venres 28 de agosto”

Exit mobile version