BARREIROS (FNC) .- Hoxe comenzan os traballos de instalación do alumeado público en varios lugares do Concello de Barreiros que ata o momento non contaban con este servizo. Trátase dos barrios de Ibia, Morteiro, Ladrido, Val do Cainzo, Cabanas e Fixoucos.
As obras suporán un investimento de 54.000 euros, segundo ven de anunciar o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente.