Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausuraron unhas xornadas na praia de A Rapadoira en Foz sobre recollida selectiva de residuos

FOZ .- A praia da Rapadoira será o escenario de clausura dunhas xornadas lúdico-informativas sobre recollida selectiva de residuos promovidas por Medio Ambiente. Estas xornadas celebráronse ao longo de todo o mes de agosto, impartíndose nun total de 15 areais galegos.

REFERENCIA

A praia da Rapadoira será o escenario de clausura dunhas xornadas lúdico-informativas sobre recollida selectiva de residuos promovidas por Medio Ambiente.

Este proxecto informativo enmarcouse dentro dunha campaña máis ampla que Medio Ambiente realizou coa colaboración da empresa Ecoembes en 149 praias distribuídas en 72 concellos, das que 34 son fluviais

Cada xornada lúdico-informativa estivo coordinada por un equipo de 3 monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas

As xornadas visitaron as praias de Barreiros, Ortigueira, Cabanas, Muros, Fisterra, Carnota, Nigrán, Sanxenxo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Ourense e Vigo

O propósito era ofrecer datos aos nenos e adultos, lembrándolle aos usuarios a existencia de contedores, os residuos que se deben depositar en cada contedor ou a resolución de dúbidas

Foz (Lugo), 30 de agosto de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas promoveu durante o mes de agosto unha campaña de xornadas lúdico-informativas sobre a implantación da recollida selectiva en praias da nosa comunidade. A praia da Rapadoira, no concello lucense de Foz, será o escenario no que se lle poña peche a estas actividades divulgativas.

Estas xornadas celebráronse ao longo de todo o mes de agosto, impartíndose nun total de 15 areais galegos. Este proxecto informativo enmárcase dentro dunha campaña máis ampla que Medio Ambiente realizou en colaboración coa empresa Ecoembes en 149 praias distribuídas en 72 concellos, das que 34 son fluviais.

As xornadas lúdico-informativas foron unha actuación de información activa sobre a recollida selectiva dos residuos urbanos nos propios areais e zonas de baño. O propósito era ofrecer datos aos nenos e adultos, lembrándolle aos usuarios a existencia de contedores, os residuos que se deben depositar en cada contedor ou a resolución de dúbidas. Os técnicos da campaña tamén pretendían recoller a valoración e receptividade dos usuarios e agasallalos con diverso material promocional.

Actividades
Cada xornada lúdico-informativa foi coordinada por un equipo de 3 monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas, aproximadamente.

A actividade ocupou un espazo máximo de 100 m2 e desenvolverase a partires da instalación dun punto informativo. Estes puntos contaron cunha carpa amarela de 3×3 metros, exemplos de contedores de 120 litros, paneis informativos coa imaxe da campaña, paneis voadores amarelos co lema “Separar para reciclar”, megafonía e material para a dinamización dos xogos.
Os puntos informativos instaláronse, preferentemente, na entrada máis transitada da praia, acordándose previamente con cada concello, a quen se lle solicitará autorización para a ocupación dese espazo e para o uso da megafonía.

Concienciación dos nenos
Os cativos tiveron a oportunidade de participar en xogos para a comprensión básica da recollida selectiva, coa intención de espertar do seu interese pola xestión dos residuos domésticos e o coidado das costas e do mar.

As citadas xornadas lúdico-informativas, incluídas no programa de recollida selectiva, tamén buscaban fomentar unha mellor imaxe ambiental dos concellos participantes e, por suposto, da comunidade galega en xeral.

As xornadas rematan hoxe, domingo 30 de agosto, na praia da Rapadoira do Concello de Foz (Lugo). Esta actividade iniciouse o pasado 6 de agosto e visitou os areais de Barreiros, Ortigueira, Cabanas, Muros, Fisterra, Carnota, Nigrán, Sanxenxo, Ribeira, Pobra de Caramiñal, Ourense e Vigo.

Exit mobile version