Site icon Crónica3.com A Mariña

Cita do teatro afeccionado de A Mariña en O Valadouro

O VALADOURO .- O teatro afeccionado de A Mariña ten unha cita en O Valadouro do 31 de agosto ata o 4 de setembro na “XXIV Semana do Teatro afeccionado”. Actuarán os grupos Fonte da Vila de Castropol, O Bordelo de Cervo, A Adala de Fazouro, Raiolas de Alfoz e Axouxeres de Vilaronte.

Nota de Prensa

XXIV Semana do Teatro afecionado de O Valadouro

Entre o luns, 31 de Agosto, e o venres, 4 de Setembro, vai a ter lugar a XXIV edición da semana do teatro afecionado de O Valadouro.

En esta edición van ter lugar as representacións do grupos de teatro afecionado Fonte da Vila de Castropol, O Bordelo de Cervo, A Adala de Fazouro, Raiolas de Alfoz e Axouxeres de Vilaronte.

As representacións van a ter lugar, como de costume nos últimos anos, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro ás 22:00 horas.

A entrada é de balde

A estas alturas do ano e, sempre como preámbulo ás Fetas do Oito e á Mostra folklórica,lévanse celebrando 24 edicións de certame de teatro afecionado no que se levan ás taboas de Ferreira agrupacións teatrais de moi diversos estilos e lugares e así, deste modo, o vindeiro luns comeza un dos certames de teatro máis lonxevos de toda a mariña: Certame de teatro afecionado de O Valadouro.

Deste xeito, o vindeiro luns, o grupo de teatro afecionado Fonte D´a Virgen de Tapia de Casariego vai a interpretarnos a súa última obra e coa  que apenas levan un mes en cartel: “Toluras de vellos”, unha adaptación da obra de Tomás Niembro.

O seguinte día, o martes 1 de setembro, tócalle o turno ó grupo de teatro O Bordelo de Cervo que nos traen en esta ocasión “O espello do prestamista”, obra do seu director Paco Piñeiro.

Este mesmo director vai a traernos outro dos grupos que dirixe e que este ano está a celebrar por toda a provincia o seu décimo aniversario:A Adala de Fazouro que representará  o seu último traballo “Mazás de cuco” que tamén está escrita por Francisco Piñeiro.

A cuarta obra que se representa vai a ser un estreno. O grupo de teatro Raiolas de Alfoz vaia a estrenar o seu último traballo: “A lotaría” do autor arxentino Hugo Daniel Marcos. Será o xoves, 3 de Setembro, ás 22:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro.

Rematamos estas xornadas o venres, 4 de setembro de 2009 co grupo teatral da parroquia focense de Vilaronte que vai a versionar a obra de Nicolás Bela de “Os cravos de prata” e que leva o título de “O velorio de Xan do Perolo”

Todas estas actuacións van a ter lugar no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira de O Valadouro ás 22:00 horas entre o 31 de Agosto e o 4 de Setembro.

Exit mobile version