Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá a semana que vén o II Seminario de Música Clásica

BURELA (FNC) .- A vindeira semana Burela acollerá o II Seminario de Música Clásica organizado pola Escola Municipal de Música. O curso está dirixido a músicos de corda e vento e ten como principal obxectivo promover o desenvolvemento musical dos instrumentistas para formar un grupo orquestral.

A delegada de Educación, Lucía Bouza, explicou que “a partires do vindeiro luns día 17 ata o venres 21 de agosto vaise celebrar na nosa vila o II Seminario de Música Clásica que está organizado pola Escola de Música Municipal de Burela. Este curso de verán desenvolveuse por primeira vez xa o ano pasado e debido ó éxito que tivo vamos a repetir a experiencia”.

Bouza sinalou que “o seminario está destinado a todos aqueles instrumentistas de corda e de vento e ten entre os seus obxectivos promover o desenvolvemento musical e a capacitación dos músicos para formar un grupo orquestral. Tamén se pretende levar a un nivel técnico máis alto ós músicos e que estes aprendan a apreciar a que ven sendo tradicionalmente denominada como música clásica dentro dun parámetro formal, para que os alumnos non a vexan como unha música aburrida, senón como unha música coa que son capaces de gozar”.

A responsable de Educación engadiu que “o seminario se pechará cun concerto que terá lugar o vindeiro venres, día 21, a partires das 20:00 da tarde no auditorio da Casa da Cultura”.

Exit mobile version