Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros recolleu de Ribadeo o libro de sinaturas contra a violencia machista

RIBADEO (FNC) .- Barreiros recibiu hoxe o libro de recollida de sinaturas contra a violencia de xénero da man do Concello de Ribadeo, tralas 550 que se acadaron na vil . No acto, que se desenvolveu no salón de plenos da Casa do Concello ribadense, estiveron presentes o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o rexedor de Barreiros, Alfonso Fuente e a concelleira de Muller ribadense, Mariluz Álvarez Lastra.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente, explicou que “esta iniciativa do Concello de Betanzos, que consiste nun libro que pasa de concello a concello para recoller firmas contra a violencia de xénero, pareceume dende o primeiro momento moi boa e é algo que non podíamos rexeitar. De feito nós sempre que celebramos sesión plenaria dende hai anos vimos gardando un minuto de silencio precisamente polas vítimas da violencia de xénero. É un acto que non imos cambiar”.

Alfonso Fuente sinalou que “o libro estará na oficina de turismo de Barreiros ata o día 25 de agosto para que todos os que o desexen amosen a súa repulsa contra esta lacra social e logo ese mesmo día, ou o 26, pasaremos a testemuña a outro concello da Mariña lucense”.

Pola súa banda, o Concello de Ribadeo está moi satisfeito polas sinaturas recollidas e por ser o primeiro en acoller esta iniciativa promovida por Betanzos.

Exit mobile version