RIBADEO .- A asociación ribadense Atalaia solicita que “se nos de traslado de calquera proxecto, plan, obra… que afecte os veciños de Ribadeo” e pide que se considere a asociación “parte interesada”. Según a entidade veciñal “o tramite de exposición ao público mediante anuncio nos boletíns correspondentes, taboleiro de anuncios é insuficiente para calquera proxecto-obra que afecte á propiedade privada dos veciños”
Nota de Prensa
Hoxe presentouse escrito no Concello de Ribadeo que di: Nesta asociación recibimos queixas veciñais sobre as obras na Atalaia, concretamente pola escavación por baixo dos cimentos da Capela (século XII) e do muro existente (Principios do XIX)
Escavouse sen ter en conta a existencia de accesos a propiedades lindeiras (e dos dereitos deses propietarios) coa Atalaia que agora quedan sen obxecto algún, coa consecuente perdida para a propiedade e perigo resultante pois os afectados que non se decataron das obras poden sufrir accidentes.
Entendemos que o tramite de exposición ao público mediante anuncio nos boletíns correspondentes, taboleiro de anuncios é insuficiente para calquera proxecto-obra que afecte á propiedade privada dos veciños, que debe ser obxecto de notificación persoal aos interesados, e máis cando é para alterar por completo unha contorna histórica-cultural.
Xa ocorreu cando se tratou de impor o Plan Sectorial de Vivenda aos veciños da parte vella entre outros proxectos nos que a transparencia é obviar por parte da Administración e asi denunciabamos en xaneiro deste ano o incumprimento co desenvolvemento sustentable e a participación cidadá que leva a Axenda 21, Carta de Aalborg 10 e as Directrices en materia de urbanismo sinaladas pola Unión Europea
O pasado abril insistiamos na nosa denuncia de incumprimentos en materia de participación cidadá ante a falta de información sobre o trazado das lineas de alta tensión.
Por todo o exposto , como Asociación inscripta no Rexistro Municipal, ATALAIA pide considéresenos parte interesada e se nos de traslado de calquera proxecto, plan, obra… que afecte os veciños de Ribadeo