Site icon Crónica3.com A Mariña

Asistencia aberta ao curso de astronomía que comenzou na Casa da Ría en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro anima aos ribadenses a asistir ao curso de astronomía que deu comenzo onte na Casa da Ría.
O edil nacionalista explicou que “onte inauguramos este curso de astronomía que tiñamos previsto. Había unha solicitude de 54 persoas para acudir e por razón de tempo posiblemente, acudiron soamente 28. Entón quero invitar, a pesares de que non estean anotados, a todas aquelas persoas que queiran acudir, incluso xente xoven, que acudiu algunha pero que me gustaría que fosen máis, xa que se celebra este ano o cuarto centenario ou efemérides de que Galileo Galilei fixo a primeira observación”.

Horacio Cupeiro lembrou que “todas aquelas persoas que queiran acudir ás observacións só teñen que ir a Santa Cruz a partires das 22.30 horas da noite e xa nos encontrarán alí”.

Hoxe o curso centrará  a súa clase teórica, de 19.00 horas a 20.30 horas, no sistema solar: o Sol, planetas e satélites. Mañá mércores, versará sobre os planetas ananos, cometas e asteroides. O xoves centraranse nas estrelas e o venres rematará o curso cunha clase sobre a vía láctea. Ademáis tódolos días a partires das 22.30 horas os asistentes poden participar nas observacións correspondentes.

Exit mobile version