Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PSOE que o conxunto histórico de Sargadelos está pechado e traballadores levan 5 meses sin cobrar

Nota de Prensa

Andina e Villares maltratan ao turismo e aos veciños pechando instalacións do Conxunto Histórico de sargadelos

O Grupo Municipal Socialista se solidariza cos traballadores do Patronato de Sargadelos que levan 5 meses sen cobrar

O Grupo Municipal Socialista quere denunciar de novo a deixadez de funcións do alcalde e a Conselleria de Cultura, despois de falar co persoal do patronato e veciños de Cervo que explicaron que en pleno mes de agosto as instalacións do Conxunto Histórico Artístico de sargadelos están pechadas, posto que o alcalde non contratou persoal para facerse cargo delas durante o periodo estival.

O novo Delegado de Cultura (chamado agora Xefe Territorial, para despistar), J.C Rodriguez Andina, solicitou ao concello que se fixera cargo das instalacións do patronato dependentes da Consellería de Cultura durante o mes de Agosto, e o alcalde corto e perezoso decidiu pechalas para non contratar persoal nin facer o mantemento.

Así, as instalacións do Patronato, cuxo mantemento corresponde ao Concello de Cervo, presentan un abandono absoluto, sendo especialmente aberrante o estado que presentan os xardíns da Casa da Administración, e que calqueira veciño ou visitante pode ver ao pasar por diante deles, coa vexetación ata as rodillas e un aspecto lamentable.

O Alcalde de Cervo e a dobre vara de medir as urxencias

Todos recordamos en pleno mes de febreiro coma o alcalde de Cervo pedía por activa e por pasiva o arranxo do área recreativa. Agora en pleno mes de Agosto, e 5 meses despois da que o PP gañara as eleccións, non só non se preocupa por estas instalacións, senon que pecha o resto deixando a turistas e veciños sen poder visitar estas instalacións. Preguntámonos ¿E esta a forma de promocionar o Concello de Cervo?

Os traballadores sen cobrar

Ademais do dano ao turismo e a mala imaxen que ofrecemos como Concello cara ao exterior, está a parte humana de todo o asunto, con persoas que levan sen cobrar dende fai 5 meses; persoas detrás das que hai familias e que coma calqueira, necesitan de ingresos para facer frente aos pagos habituias.

Estamos seguros de que J.C Rodriguez Andina cobra dende o primeiro mes polos seus servizos coma Xefe Territorial, polo que nos, coma Grupo Municipal e coma veciños pedimoslle que faga efectivas as obrigas aos traballadores do patronato de Sargadelos.

Exit mobile version