Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que a Deputación non apostou pola creación de chan industrial

Nota de Prensa

O GPPP acusa á Deputación de retrasar o desenvolvemento dos polígonos industriais na provincia

Salientan que a iniciativa propia do actual bigoberno neste eido é prácticamente inexistente, o que amosa unha total falla de apoio a crecemento industrial de Lugo

Lugo, a 21 de agosto de 2009.- A Deputación de Lugo non apostou nos algo máis de dous anos do goberno bipartito pola creación de chan industrial na provincia. Así de rotundos se amosaron dende o Grupo provincial do Partido Popular á hora de valorar o traballo desenvolvido neste ámbito pola administración provincial.

Prácticamente non se presentou ningún proxecto novo encamiñado a ampliar o espacio adicado á promover e facilitar a implantación industrial, e a actividade da Deputación limitiouse a continuar a tramitación dos proxectos iniciados polo anterior goberno provincial,  moitos dos cales acumulan un retraso considerable ou atópanse literalmente paralizados, aseguran os populares.

“Eso si, o equipo de goberno non tivo ningún reparo en adicar preto de dous millóns de euros a adquirir un novo inmoble para albergar as novas oficinas de Suplusa”, engaden.

Así, segundo explican dende o GPPP, se en 2006 estaban presupuestadas actuacións en áreas industriais de 31 concellos da provincia, “nas que pouco se avanzou, dado que, por facer referencia a algúns casos concretos, nas de Abadín, Paradela, A Fonsagrada ou Trabada aínda se está a modificar o planeamento urbanístico; en Burela non se fixo prácticamente nada e o que se fixo fixose mal e só están en venta parcelas dos parque de Baleira e Ourol. Neste último coa particularidade de que o vial de acceso (a CP 3809) presenta un estado lamentable e que as obras de reparcelación ou de dotación de servicios están sen rematar”.

O GPPP, segundo lembran, interesouse por estas deficiencias e instou á Deputación a que as subsanase no tempo máis breve posible; incluso o propio Concello se queixou en varias ocasións desta situación dende finais do pasado ano sen que ata o momento houbera sequera unha resposta oficial ou se adoptara algunha medida correctora.

Outro dos aspectos sobre os que inciden os populares é a “coincidencia, demasiado reiterada nas actuacións do bigoberno provincial, de que as únicas propostas relativamente novas que plantexaron en estes algo máis de dous anos corresponden a municipios socialistas”. Refírense, en concreto, ós estudios de viabilidade iniciados para a creación de polígonos industriais nos concellos de Becerreá, Triacastela e Pol.  E o da “relatividade” fai referencia a que, a excepción do caso de Triacastela, os outros dous municipios estaban incluidos na lista dos 31 concellos  no que o anterior equipo de goberno provincial tiña previsión de intervir.

“En resumo”, aseveraron dende o GPPP, “non só retrasan ou paralizan o previsto e reducen á mínima expresión a súa iniciativa propia, senón que está fíxase en función de intereses partidistas”.

Resulta evidente e significativo, por tanto, segundo os populares, que o ritmo de creación de chan industrial ralentizouse drásticamente coa chegada do bigoberno á Deputación, en contraste co dinamismo que neste eido imperaba durante a etapa anterior.

REDUCIDA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA.-

O ritmo de traballo da administración provincial no que ó chan industrial se refire evidenciao, por exemplo, segundo recalcan dende o GPPP, o feito de que o Inludes tivera comprometido a finais do pasado ano únicamente o 10,5 por cento do gasto en investimento real previsto para o exercicio 2008. É dicir, investira pouco máis de 445.000 euros dos 4,2 millóns de euros que tiña consignados para este capítulo.

Así, se xa resulta reducido de por si adicar a investimento real o 25 por cento do orzamento total co que contaba o Inludes no 2008 (algo máis de 16 millóns de euros), resultaba aínda máis mísero o gasto realizado.

Aínda sendo ésta a situación, dende a Deputación  “véndese” periódicamente a execución de trámites ou obras que xa estaban previstas e presupuestadas nos orzamentos de 2006 e que, pese a todo e a día de hoxe, continúan pendentes.

Exit mobile version