Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que é “importante e necesaria a colocación de proteccións para motoristas”

NOTA DE PRENSA

O GMPP considera importante e necesaria a colocación de proteccións para motoristas.

Afirman que PSOE e BNG votaron en contra no mes de Abril.

Os populares lamentan o retraso no arranxo da bionda entre Ril e A Marosa.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que considera importante e necesario que o concello coloque proteccións para motoristas na travesía municipal desde A Casilla á saída hacia Cervo, para garantir a seguridade dos motoristas.

Os populares lembran que xa consideraban necesaria e importante esta obra en Abril do presente ano, cando presentaron unha moción ó respecto no concello. En cambio, en Abril nin o PSOE nin o BNG consideraron nin importante nin necesaria esta actuación e votaron en contra, seguramente porque a pedía o PP, o partido máis votado en todos os procesos electorais, e o grupo maioritario na corporación. Con todo, os populares alégranse que o bigoberno caera do guindo e cambiase a súa opinión só catro meses despois, ainda poñendo como disculpa que fan esta actuación a petición dos motoristas.

No que se refire ás estradas da Deputación  ó seu paso polo concello, o GMPP lembra que na mesma moción presentada en Abril pasado figuraba a petición á Deputación de acometer actuacións semellantes, pero non só para a estrada de A Marosa, senon tamén para a de Rúa. Agora parece que xa teñen algo falado coa Deputación, como diría o alcalde, e nunca é tarde para arranxar biondas, coma a existente entre Ril e A Marosa. O que hai que lamentar é que a estrada Burela-San Cibrao levaba un ano cun tramo de bionda destrozado e ninguén fixera nada ata agora para arranxala, e eso que o PP fartouse de decilo e os veciños de velo. Eso demostra o pouco cariño que tén o alcalde polo traballo e a rapidez na solución dos problemas: en cáseque todo o alcalde leva  retraso, e neste caso un ano sen facer nada de nada.

Polo tanto, os populares consideran que o bigoberno vai a remolque do que propón a oposición. Eso sí, cando o propón a oposición votan en contra, e dalí a uns meses retoman o asunto e tentan adueñarse da idea. Para o GMPP, que tenten adueñarse da idea élle indeferente, o caso é que a leven á práctica na súa integridade.

Finalmente, é interesante saber que o concelleiro de Obras e Servicios está  activo, porque nas últimas semanas estaba totalmente escondido. Non deixa de ser patético que este home tivese ultimamente tan pouca actividade, ocupando a delegación que ocupa, a pesares de estar máis no concello ca no seu posto de traballo no Hospital.

Exit mobile version