Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura a CXT que “os nosos afiliados” no concello de Ribadeo “con contrato indefinido aínda son eventuais”

RIBADEO .- O sindicato CXT asegura que no Concello de Ribadeo “a única discriminación que se di eliminar é a dos seus correlixionarios que entrando con subvención e na súa época de goberno, xa son fixos de empresa, mentres que os nosos afiliados a pesar de levar anos traballando para o concello con contrato indefinido aínda son “eventuais”.
NOTA DE PRENSA DA CXT NO CONCELLO DE RIBADEO

Ante nota de prensa da Alcaldía na que literalmente di “Nós sempre mantivemos a opción de, a través dá RPT, facer unha repartición xusto e equitativo, e aos grupos iso non lles vale e mostráronse moi belixerantes. Nós ao estar en minoría vímonos na obriga de aceptar unha proposta do PP para que antes do 31 de decembro deste ano cheguemos a un acordo cos sindicatos para repartir este diñeiro entre aquela xente que se sinta máis agraviada.”
A CXT lamenta a mala memoria do Sr. Alcalde que non lembra cando chamou ao persoal que recorreu o acordo polo que se aprobou o convenio en maio de 2004 para que “diesemos a cara” ante o persoal favorecido e sindicatos asinantes, horas antes de proceder a anulalo “para elaborar outro xusto e equitativo”. Claro que pasaron máis de cinco anos e vendo a súa forma de actuar preguntámonos se non o anularía para amolar ao seu socio de goberno e gañarse á opinión pública.
A CXT solicitou de continuo que se terminase coa Discriminación, presentado listas do persoal discriminado que leva anos traballando neste Concello e formulas para chegar a solucións, e ao final quen vén aceptar esa R.P.T. tan xusta que pretende impor o equipo de goberno (e que catro sindicatos rexeitamos) é un sindicato afin ao BNG, a única discriminación que se di eliminar é a dos seus correlixionarios que entrando con subvención e na súa época de goberno, xa son fixos de empresa, mentres que os nosos afiliados a pesar de levar anos traballando para o concello con contrato indefinido aínda son “eventuais” ( quizais por pertencer á C.G.T.)
A Confederación Xeral do Traballo non busca que se repartan cifras astronómicas senón subidas que contemplen as responsabilidades dos traballadores e subas para aqueles que non se lles aumentou máis que o I.P.C. durante anos e anos.
Onde está a flexibilidade e capacidade de diálogo que pregoa o Alcalde? Se non hai un convenio negociado é porque el non o quixo , supeditando os acordos aos que chegou en Mesa de Negociación con todos os sindicatos á aceptación da R.P.T. elaborada pola Universidade de Santiago , chegando mesmo a retirarnos o goce do horario de verán, dereito do que gozabamos desde hai anos do mesmo xeito que todas as Administracións Públicas
Desde a Confederación Xeral do Traballo pretendemos que cumpra o prometido no 2004 e que sexa capaz de dialogar.

Exit mobile version