Nota de Prensa I de II
DO 15 AO 30 DE AGOSTO, EXPOSICIÓN “COAS NOSAS MANS II”
Mañá sábado, 15 de agosto, pola mañá ás 9:30 horas, vaise abrir a exposición “COAS NOSAS MANS II” (organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Mulleres Bolboretas de Xove) na Oficina Municipal de Turismo de Xove, a cal vai estar aberta ata o domingo, 30 de agosto, co seguinte horario de apertura (o mesmo da Oficina Municipal de Turismo):
-De luns a domingo de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas, estando pechada os luns e martes pola mañá.
A Exposición inclúe traballos de bolillos, bordado e manualidades dos obradoiros impartidos durante o Curso 2008-2009 polo Concello e pola Asociación de Mulleres Bolboretas.
Nota de Prensa II de II
ABERTA A EXPOSICIÓN “XOVE 360º. UN GRADO MÁIS”
Hoxe, ás 17:00 horas, na Sala de Exposicións do Centro Cívico, ábrese ao público a Exposición “XOVE 360º. UN GRADO MÁIS”, a segunda das moitísimas actividades programadas polo Concello de Xove para o mes de agosto dentro do Programa SAN BARTOLO 2009. A primeira foi a recente exposición, xa rematada, do pintor xovense Manuel Fernández Frá.
A Exposición “Xove 360º” xurdiu o pasado ano por unha iniciativa da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, polo que a deste ano e como unha continuación da do pasado ano, dahí o engadido de “Un grado máis”.
Para realización desta Exposición a Concellería de Cultura realizou hai uns meses unha convocatoria entre os fotógrafos amateurs do Concello á cal acudiron 13 fotógrafos, frente aos 7 da convocatoria do pasado ano, razón pola cal dende a Concellería de Cultura se sinte unha especial satisfacción pola boa acollida da convocatoria.
Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.
En total preséntanse 50 fotografías, das cales cada autor escolleu dúas das propias directamente, sendo as 24 restantes escollidas entre tódolos fotógrafos participantes.
A temática da exposición este ano foi libre, inda que o que predomina son paisaxes.
As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis “foam” (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición o realizou Ana Isabel Lage e o deseño da presentación das fotografías foi realizado por Miriam Bermúdez, ambas fotógrafas participantes na mesma.
A Exposición vai estar aberta ininterrumpidamente ata o domingo 30 de agosto, cos seguintes horarios:
-Do 14 ao 23 de agosto: de 17:00 a 22:00 horas.
-Do 24 ao 30 de agosto: de 17:00 a 24:00 horas.
Ademáis desta Exposición, e dentro do Programa Cultural-Deportivo San Bartolo 2009, o noso Concello colabora e patrocina algunhas das actividades que se van desenvolver este fin de semana:
-Carrreira Popular San Bartolo.- Organizada pola ACD Xove, vai ter lugar polas rúas de Xove mañá sábado 15 de agosto a partires das 11:00 horas.
-XXIº Torneo Concello de Xove de Fútbol.- organizado pola U.D. Xove-Lago, vai ter lugar mañá sábado 15 de agosto ás 19:00 horas no Campo Municipal de Beltrán en Lago, cun partido entre a U.D. Xove-Lago e o Real Tapia Club de Fútbol.
-Iº Torneo de Baloncesto “Concello de Xove”.- organizado polo Club Baloncesto Xove , vai ter lugar o domingo 16 de agosto no Pavillón Municipal a partires das 20:00 horas.